Miércoles, 22 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 27 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

II Festival Camiño da Rosa en Mos

A contorna do Pazo de Mos acollerá o domingo un cartel do máis apetecible para a mocidade, no que se prevé unha afluencia de milleiros de asistentes, tras o éxito da primeira edición

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil, o concelleiro mosense de Mocidade, Leo Costas, e o presidente da Fundación Pazo de Mos, Manuel Castro, presentaron esta mañá no Pazo dos Marqueses de Mos a II Edición do Festival Camiño da Rosa que se celebrará nese mesmo enclave o vindeiro domingo, 30 de abril, a partir das 19.00 horas da tarde.


Tras a exitosa pimeira edición que congregou a milleiros de mozos e mozas chegados de toda a provincia, este segundo Camiño da Rosa ofrece un cartel do máis atractivo para a rapazada. Encabezado por Rojuu, Groove Amigos e Traffic House, contará tamén coas actuación de Marc Montalvo, Samu Pexe, Juliann James & MZRIN, Fergwell e Raper & Trisha.


Rojuu, de 20 anos de idade, acumula millóns de escoitas da súa música subida na súa conta de internet. Xa ten publicado o seu sexto álbum. É un dos principais representantes do trap experimental e emo-trap a nivel hispanofalante.


Detrás de Groove Amigos está o DJ André Vázquez que presume de pinchar sesións para todos aqueles aos que lles guste a “zapatilla”.


Traffic House, é un grupo de productores e DJs de música electrónica dance-house formado por Sete Sousa e Trillo.


A entrada ao festival será totalmente libre e de balde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.