TUI
A Xunta licitará en maio a redacción do proxecto para dar continuidade á autovía Tui-A Guarda
― Remarca que a intervención responde a unha reivindicación das empresas asentadas nesta área empresarial e permitirá mellorar a mobilidade do Baixo Miño, reforzar a seguridade viaria e incrementar a competitividade na contorna
A Xunta licitará en maio a redacción do proxecto para dar continuidade á autovía Tui-A Guarda entre o enlace de Areas e a estrada autonómica PO-350, cuxas obras suporán un investimento estimado de 11 millóns de euros.
En resposta a unha pregunta no Pleno desta semana, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, detallou que as obras en execución da autovía Tui-A Guarda entre a A-55 e o polígono de Areas están xa ao 70% e que estarán rematadas despois do verán, cun investimento que se eleva aos 30 M€.
Subliñou que esta actuación dá resposta a unha reivindicación constante do sector económico de Tui, especialmente das empresas asentadas nesta área empresarial, mellorando a mobilidade do Baixo Miño, reforzando a seguridade viaria e incrementando a competitividade na contorna.
Ethel Vázquez explicou que se están a executar 4,5 quilómetros de eixes viarios, entre a propia autovía, a conexión coa N-551 e ramais, glorietas e camiños de servizo.Concretou que as obras supoñen conectar a autovía de Tui-A Guarda coa A-55 mediante unha glorieta elevada de 80 metros de diámetro, que se está a executar in situ e que canalizará todos os tráficos do enlace, incluída a conexión co semienlace do parque empresarial.
Esta conexión co polígono inclúe unha paso inferior baixo a autovía Tui-A Garda de 8 metros de ancho, que xa estaba construído e no que se baseou a solicitude de deseñar este enlace.
A titular de Infraestruturas e Mobilidade lembrou que o enlace co polígono de Areas non estaba previsto na planificación do Goberno Bipartito da Xunta.
Remarcou, ademais, que o Goberno galego continúa avanzando na tramitación das outras dúas fases do tramo de pouco máis de 10 quilómetros entre a estrada PO-350 e Goián (PO-350-Estás; e Estás-Goián) para as que xa está case lista a declaración de impacto ambiental da obra entre a PO-350 e Estás.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235