PROVINCIA
Unanimidade do Consorcio Provincial contra incendios no peche da conta xeral de 2022
No pleno aprobouse a adhesión do Consorcio á central de contratación da FEMP e a liquidación do contrato con Matinsa tras o pase do servizo á xestión directa
O pleno ordinario do Consorcio Provincial Contra Incendios, participado ao 50% pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, aprobou onte por unanimidade o peche da conta xeral do ano 2022, que confirma a boa saúde económica do organismo, a súa solvencia, a inexistencia de débeda financeira e os remanentes do pasado ano que poderán investirse este ano en diferentes melloras nos parques do Morrazo, Ribadumia, Vilagarcía e O Porriño.
Na sesión, que contou coa asistencia da presidenta provincial Carmela Silva e do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, amais das representacións da Deputación e Xunta, deuse conta do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e sustentabilidade financeira, sen prexuízo da suspensión das regras fiscais.
Na orde do día deuse tamén o visto bo á liquidación do contrato coa empresa Matinsa, compañía que mantiña a concesión desde 2013 para a prestación do servizo contra incendios, unha vez que desde o 8 de abril de 2021 o pleno do Consorcio aprobou o pase do servizo á xestión directa.
Finalmente, o pleno aprobou a adhesión do Consorcio á Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a fin de poder contratar as obras, servizos e subministros que oferte, de conformidade ás condicións e prezos que se fixen nos correspondentes contratos ou acordos marco que se subscriban entre dita central e as empresas adxudicatarias. A adhesión ten carácter voluntario e non supón en ningún caso o deber de efectuar tódalas contratacións a través da Central de Contratación da FEMP, podendo sempre o Consorcio optar por utilizar este sistema ou calquera outro establecido na lexislación de contratación pública

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170