Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 30 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Verónica Tourón presentará a súa candidatura no auditorio municipal

A Agrupación Socialista de Salceda de Caselas celebrará o luns 1 de maio ás 19:00 horas no auditorio municipal o acto de presentación da candidatura ás eleccións municipais do 28 de maio.


No acto de presentación intervirán o concelleiro Rubén González Coto, número 2 da candidatura, o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro e a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva.


A lista encabezada pola actual alcaldesa Verónica Tourón estará conformada no seus primeiros postos polas persoas que a acompañaron nesta lexislatura no goberno o concelleiro de Deportes, Medio Ambiente e Medio Rural Rubén González e a concelleira de Ensino, Benestar Social e Sanidade Ángela Ledo. Incorpora tamén ao seu xefe de gabinete Francisco Javier Osorno.


No resto da lista están representadas o centro e todas as parroquias de Salceda. Un equipo de persoas con capacidade de xestión e compromiso con Salceda.


Verónica Tourón: “Estou moi satisfeita co equipo de persoas que me acompañan neste camiño, afrontando esta etapa con ilusión e co obxectivo de seguir desenvolvendo o proxecto socialista comezado nesta lexislatura. Convido a toda a veciñanza a acompañarnos nun día moi especial para nos e a coñecer este equipo de mulleres e homes que dan un paso adiante para mellorar Salceda”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.