Sábado, 25 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 30 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Palillando pola inclusión

As Palilleiras de Mos desenvolveron en Cogami un Obradoiro de Encaixe de Bolillos no que se confeccionou o logo da asociación que, dende hoxe, loce na Vivenda de Transición sita no Rebullón

As Palilleiras de Mos veñen desenvolvendo, dende outubro do ano pasado, coa sede de Cogami en Mos, sita no Rebullón, un Obradoiro de Encaixe de Bolillos cos usuarios e usuarias da Asociación.

 

A presidenta das Palilleiras, Montserrat Pereira Troitiño, destacou a este respecto que “a idea naceu do interese por iniciar unha colaboración entre ambas asociacións, que tivese un fin terapéutico para os usuarios e usuarias de Cogami, ao tempo que poñiamos en marcha un proxecto común que perdurase no tempo”. Deste xeito naceu a iniciativa de que as palilleiras mosenses impartisen varias sesións de palillos aos usuarios de Cogami, nas que confeccionasen conxuntamente, con encaixe, o logo que xa se atopa rematado e que, dende hoxe, loce na Vivenda de Transición de Cogami no Rebullón.

 

Celso Álvarez, coordinador de Cogami, recibiu de mans de Montse Pereira, presidenta da Asociación (que tamén se encargou da adaptación do deseño do logo para o encaixe con palillos), e doutras 5 palilleiras de Mos, o logotipo de Cogami feito de bolillos, e ambos, tanto Álvarez como Pereira, destacaron “a enorme contribución deste proxecto na mellora das capacidades psicomotrices dos usuarios de Cogami participantes no mesmo, así como como o seu gran valor de inclusión social na comunidade para eles e elas”.

 

Os bos resultados deste proxecto común confluíron no compromiso, por ambas partes, de emprender unha nova iniciativa xuntas tras o verán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.