TOMIÑO
O BNG de Tomiño presenta a súa candidatura para as municipais nun acto multitudinario
Máis de 350 persoas acompañaron a Sandra González na presentación do seu equipo, que contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
Sandra González, candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG, presentou este sábado ao seu equipo, co que concorrerá ás eleccións municipais do 28 de maio. Nun acto multitudinario no que participaron máis de 350 persoas, Sandra González agradeceu o apoio e o agarimo das veciñas e veciños de Tomiño, resaltou a importancia da participación no exercicio do voto na vindeira cita electoral e comprometeuse a que co seu equipo, co seu proxecto e coa confianza da veciñanza o mellor en Tomiño está por vir.
O acto contou tamén coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que eloxiou ao goberno municipal encabezado por Sandra González e o avance vivido no municipio durante os seus 16 anos de goberno, “apostando por un modelo de cambio que pon por diante ás persoas”. “Levamos moito tempo transformando en positivo a vida e a vila de Tomiño nun proceso que non pode pararse agora”, proclamou Ana Pontón.
A candidatura do BNG de Tomiño para as eleccións municipais está formada por 26 persoas, 17 titulares e 9 suplentes, nunha lista renovada onde están representadas a totalidade das parroquias de Tomiño e que combina a experiencia, coa formación o compromiso e o talento. Un equipo de persoas ilusionadas, co coñecemento, a experiencia en xestión e a motivación necesarias para sacar adiante o proxecto que o equipo presenta para os vindeiros 4 anos. A consolidación e finalización de grandes proxectos xa comezados e outros proxectos novos iranse presentando e explicando polo miúdo á veciñanza nos próximos días.
O BNG de Tomiño empregará como lema desta campaña electoral o slogan ‘Sandra ponlle corazón’, frase que fai referencia a outra forma de facer política, pensando nas persoas, xestionando coidando cada detalle, con proximidade á veciñanza e con humildade.
Sandra González e o seu equipo, que xa conseguiron nos seus anos á fronte do Goberno municipal liderar un cambio que fixo de Tomiño un referente da comarca, afrontan agora o futuro chamando á veciñanza á sumarse á ilusión por este proxecto, a sentirse orgullosos e orgullosas do seu concello e de todo o acadado e a seguir traballando por consolidar o proxecto de futuro de Tomiño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8