REDONDELA
O novo espazo para a xuventude da Xunqueira estrease co programa «Redondela Xove»
Obradoiros de Grafiti e de Fotografía Analóxica son as dúas primeiras actividades que ofrece este programa dirixido aos mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos “os grandes esquecidos ata a chegada deste Goberno”
O Concello de Redondela abriu un novo espazo dedicado á mocidade localizado nunha das zonas máis utilizadas polos máis novos no Multiusos da Xunqueira. O espazo servirá para a xuntanza libre, pero tamén para a organización de obradoiros de balde por parte do Concello.
“Ata a chegada do Goberno socialista ao Concello de Redondela, os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos, foron os grandes esquecidos. Ademais de ofrecer actividades enfocadas á mocidade, tamén queremos ofrecerlles un espazo novo para a súa vida social. Alí poderán xuntarse de forma libre ou participar nas actividades que iremos anunciando ao longo dos próximos meses”, afirmou hoxe a alcaldesa Digna Rivas na presentación das primeiras actividades do Verán 2023 que se desenvolven dentro do programa «Redondela Xove».
A primeira das actividades do programa comezou o 28 de abril e trátase dun Obradoiro de mural inspirado no Grafiti que continua o 5 de maio, en horario de 19h a 21h. A actividade, totalmente de balde, acolleu a unha vintena de mozos e mozas. “Durante a actividade os e as participantes puideron traballar nun mural coa artista redondelá Paula Amoedo que decorará o novo espazo dedicado á xuventude no Multiusos da Xunqueira. Esta é unha forma de ofrecerlles a sala permitíndolles participar na súa mellora de forma activa, para que sintan que é deles e delas e formen un recordo que dará inicio a moitos momentos de lecer e cultura no lugar sinalado”, explicaba Rivas.
O obradoiro de Fotografía Analóxica comezou o sábado 29 de abril e continuará o sábado 6 de maio de 19h a 21h. Neste caso o obradoiro tamén é de balde e, aínda que xa comezo, ten algunha praza dispoñible. Este obradoiro estará impartido por Noemi Parga Iglesias fotógrafa viguesa e docente da escola Aula D de deseño en Vigo.
Os obradoiros precisan de inscrición previa no Multiusos da Xunqueira, de forma presencial ou chamando ao 986 40 28 65.
A alcaldesa redondelá asegurou que “ao longo do verán, «Redondela Xove» terá máis sorpresas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8