Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Verónica Tourón presentou a súa candidatura nun auditorio repleto de público

No día de onte a Agrupación Socialista de Salceda presentou a súa candidatura de cara as eleccións municipais 2023 nun auditorio municipal ateigado pola veciñanza, cun acto apoiado por unha interprete na linguaxe de signos e proxeccións audiovisuais.

 

No acto interviron o nº 2 do candidatura e actual concelleiro Rubén González Coto, o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro e a Presidenta da Deputación Carmela Silva.

 

Enrique Cabaleiro salientou a calidade humana da candidata e a importancia da súa personalidade á hora de acadar resultados e gobernar de forma xusta para toda a veciñanza.

 

A Presidenta da Deputación destacou a enorme valía persoal e política de Verónica Tourón e a súa forma de gobernar baseada na xestión e traballando por acadar feitos fronte á política da promesa e o sorriso fácil que moitas veces se practica na política. “Muller intelixente, traballadora, implicada e que ten un plan moi claro para Salceda, cunha dirección clara cara o que precisa esta fermosa vila”, así se dirixiu ao auditorio  Carmela Silva.

 

Na presentación conducida por Verónica Tourón dun xeito dinámico, expuxéronse os feitos levados a cabo durante esta lexislatura por parte do grupo municipal socialista. Amosando a boa xestión, facendo fincapé nos éxitos acadados a través do diálogo e nas políticas pioneiras postas en marcha en Salceda e que puxeron as persoas no centro da xestión municipal. Destacando a primeira vivenda de alugueiro social, os obradoiros e programas de emprego, a rehabilitación das casas do mestre, piscinas municipais ou o centro cívico da Devesa. Este último “claro reflexo do que soño para Salceda, un espazo de convivencia para nenas e nenos, mozos e mozas, persoas maiores, salcedenses de nacemento, dos de acollida e tamén das persoas que levan a Salceda no corazón”, en palabras da alcaldesa e candidata Verónica Tourón.

 

A candidata amosouse orgullosa do equipo de persoas que a acompañan na candidatura, dende as máis veteranas ata as novas incorporacións, definíndoo como un conxunto de persoas cun proxecto común e colectivo para a veciñanza.

 

Destacou deles a súa fidelidade cos valores que a impulsaron a dedicarse á política e que a fan continuar nela con ilusión e ganas, como a igualdade, a xustiza social, o feminismo ou o anhelo de acadar un crecemento económico sostible que beneficie a maioría da veciñanza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.