O PORRIÑO
O Porriño pon en marcha a mesa local de saúde
A saúde emocional, as adiccións e a promoción de hábitos de vida saudable serán os eixos sobre os que se sustente a estratexia local de promoción da saúde
O Concello do Porriño celebrou esta semana a Mesa Local de Saude, un foro de traballo que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza e coordinar as accións dos diferentes sectores implicados na resposta ante unha emerxencia sanitaria, así como promover os hábitos de vida saudable entre a veciñanza.
A mesa constituíuse por primeira vez no Porriño e celebrarase de forma periódica dúas veces ao ano. Presidida polo alcalde, Alejandro Lorenzo, está composta pola concelleira de Sanidade e Educación, Carolina González, o concelleiro de Benestar social e Seguridade Cidadá, Abel Estévez, e representantes da Policía Local, Protección Civil do Porriño, centros educativos, Centro de Saúde, Unidade de Atención á Drogodependencia e asociacións locais do eido da saúde e atención social, Osílice, AECC, Afaga e Aceesca.
A atención á saúde emocional, especialmente na infancia e na mocidade, as adicións e a promoción de hábitos de vida saudable foron os eixos centrais sobre os que se acordou elaborar a que será a estratexia local de promoción da saúde, na que traballarán de maneira coordinada técnicos municipais, especialistas sanitarios, asociacións, Policía Local e protección civil e centros educativos
Sobre a mesa puxéronse múltiples propostas baseadas na experiencia de cada un dos actores implicados e nas que se traballará de maneira intersectorial: transformar O Porriño nunha cidade amigable para as persoas con demencia, a creación dunha rede de voluntariado e interacción social ou a creación da figura do acompañante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22