DEPORTES
Dani Bargiela e Sofía Freaza triunfan na VII Carreira nocturna de Nigrán
Na prova dos 5 km, victorias para a triatleta Olímpica Susana Rodríguez Gacio, e o xoven de dezasete anos, Roque González
A tarde-noite de deporte en Nigrán abríase cas carreiras dos nenos e nenas, con distintas categorías e distancias.
A madriña do evento, Teresa Portela, facía un breve quecemento con todos eles antes de cada saída. A canguesa, coma sempre derrochou simpatía, facendo divertida a impaciente espera dos xóvenes atletas.
Durante máis de cincoenta minutos os familiares e curiosos poideron ver as “fazañas” dos peques, e xa non tan peques.
21.30 horas, a saída das carreiras de 5000 e 10000 metros que compartían circuíto a carón de Praia América. A diferencia é que na distancia longa terían que realizar dúas voltas.
Nos prolegómenos fotos para as medallistas olímpicas Susana Rodríguez e Teresa Portela, as que inda lles quedan xornadas de gloria.
Na prova longa, Dani Bargiela, voltou a confirmar que se atopa nun gran momento de forma. O pontareá, logo dun par de anos de continúas lesións, e a pesar de ir cumprindo anos, segue a ter moita calidade.
Marcou o seu ritmo dende o inicio, e no paso dos cinco mil era clara a súa avantaxe, que confirmaría na liña de chegada, cun tempo de 32.54. Outro “vello” rockeiro, Rubén Pereira - Fisioterapia San Lázaro - era segundo con 34.04; mentras Javier Conde, do C.A.R. Marisqueiro, paraba o crono en 34.40.
A historia repetiríase no apartado feminino coa victoria de Sofia Freaza, que na metade da competición xa tiña a suficiente avantaxe sobre as súas perseguidoras. Victoria, con menos de 40 minutos para a atleta do Comesaña, 39.27 exactamente. Soledad Leiro, a segunda clasificada, chegaba a case un minuto de diferencia, 40.25 para a competidora do San Miguel de Marín.
O bronce finalmente para Laura Gallego do Delikia con 41.43.
A carreira dos 5 kilómetros contou ca presenza, e claro triunfo de Susana Rodríguez, que viña facer un test, antes da importante cita do Campionato do Mundo de Triatlón. A viguesa estaba satisfeita co seu rexistro de 18.50, e da compenetración co seu guía. Noemí Álvarez e Julia Savado a acompañaron no podio.
Pola súa banda, gran carreira do xové Roque González, con 16.08; con 16.08 non daba oportunidade a Sergio Fernández e Pablo Alonso.
Ca entrega de premios finais, ben entrada a noite, puñase punto e final a VII Carreira Nocturna Nigrán S4, que este ano batía novo record de participantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217