PONTEAREAS
Nava Castro presenta a lista completa coa que concorre ás municipais
A candidata á alcaldía Nava Castro, exerceu de anfitrioa nun xantar no que deu a coñecer tanto aos 31 integrantes da candidatura coa que concorre ás elección municipais deste 28 de maio, como o reparto de concellerías en caso de obter a alcaldía. Para esta presentación contou coa presencia de Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade e José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia.
Durante o xantar celebrado na Finca do Parrulo, Nava Castro presentou ao resto dos integrantes da lista que aínda non se tiñan presentado así como as concellarías que ocuparían cada un deles. A número un, Nava Castro ocuparía a alcaldía e a concellería de Facenda e Turismo; Rafa Martínez, a de Emprendemento e Desenvolvemento Empresarial; Raquel Plana faríase cargo da consellería de Benestar Social, Igualdade e Saúde Pública; Ricardo González Alonso, o número catro, a concellería de Impulsa-Tea, revitalización do comercio e da cultura e Fran Represas, o número cinco, a concellería de Administración Municipal, Modernización Tecnolóxica e Proximidade Cidadá.
Dos postos seis ao trece, figuran Silvia Fernández Táboas, que ocuparía Medio Ambiente, Urbanismo, Vivenda e Planificación Estratéxica; Jesús Cao Vila, no posto sete, faríase cargo de Servizos Comúns: auga, saneamento, residuos e limpeza; de Deporte e Ensino, o número oito, Cristian Montes Estévez; seguido de Rafael Martínez Pazos, ao cargo de revitalización do rural, obras e mantemento de infraestructuras viarias; no décimo posto, Lina Limeres Antonio, que ocuparía a Concellería de Infraestruturas Verdes e de Lecer; Alejandro Doval Domínguez, posto 11, faríase con Recursos Humanos e Seguridade; o doce, Xabier Fernández Faro, Mocidade, Voluntariado e Eventos e no posto 13, Gabriel Bernárdez Expósito, estaría ao frente da Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico.
Nos postos 14 ao 21, Nava Castro presentou a Sonia Francisco Lorenzo, Lorena Ledo no 15, María José Lourido Gómez no 16, Jorge Sobral Rodríguez e Paloma Soto Márquez no 17 e 18 respectivamente, César Manuel Iglesias Fernández ocupa o 19, no 20 Manuel Regueira Reguiera, e pecha a lista de candidatos María Cruz López Galán. Como Suplentes nos postos 22 ao 31 atópanse, por orde, Emilio Martínez Toucedo, Estrella Domínguez Lage, Ángel Seijo Iglesias, Antonio Álvarez Pedrosa, Emérita Gloria Ucha Gómez-Rodríguez, Luis Ferreira Iglesias, Andrés Sampedro Fernández, Sandra Rodríguez Fornos, Celia Reig Castro e José Castro Álvarez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149