Miércoles, 29 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 09 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

O espectáculo «Pelepau sinfónico» presentará as melodías galegas orquestadas en Mos

As cantigas tradicionais sonarán no parque Son do Regueiro de Torroso o día 17 de maio as 20:00h nun concerto conxunto da Banda Xuvenil de Torroso e o grupo Pelepau polo gaio da celebración do Día das Letras Galegas

O grupo Pelepau xunto coa Banda de Música Xuvenil de Torroso presentarán o vindeiro mércores un repertorio cos grandes hits da música popular galega, orquestadas polo recoñecido compositor Andrés Álvarez, nun concerto onde, non faltaran sorpresas, nesta ocasión estarán acompañados por 3 cantareiras e a parella de baile Fios de Liño, gañadora do concurso de danza galega «Vai de baile» do programa Luar da Crtvg.

 

A Banda de Música Xuvenil de Torroso conta con máis de 50 compoñentes con idades comprendidas entre os dez e os trinta e cinco anos e leva a cultura e tradición galegas non só por toda a xeografía galega, senón por toda a Península Ibérica realizando concertos e incorporando novas propostas interpretativas mesturando a música de autor con danza, voz e elementos do noso folclore galego.

 

Baixo a dirección ao cargo da batuta de Ángeles Lorenzo Estévez, o público asistente poderá disfrutar dunha velada na que as letras galegas terán o protagonismo absoluto, mostrando neste espectáculo conxunto das dúas formacións o valor do patrimonio inmaterial galego.

 

A cita será este mércores día 17 de maio as 20:00h na parroquia de Torroso - Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.