SALCEDA DE CASELAS
Luis López asegura que a maioría absoluta de Rodríguez Davila é a única garantía para Salceda
“Apostamos por un proxecto de seriedade, rigor e unidade, que funcione desde o primeiro día sen pactar postos nin soldos e que se dedique en exclusiva aos veciños”, engade
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, percorreu esta mañá, xunto ao candidato á alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, a feira e as principais rúas de Salceda de Caselas para “estar coa xente, porque somos o partido da xente e para presentarlles o noso gran proxecto para este concello”.
López asegurou que “a maioría absoluta de Santiago Rodríguez Davila o 28 de maio é a única garantía para alcanzar o Goberno local e corrixir o rumbo errático deste concello, algo que era previsible tendo en conta que o bipartito ten só tempo para preocuparse de si mesmo e non dos veciños”.
Así, pediu a confianza dos salcedenses “porque consideramos que un goberno como o actual, que ten que cambiar de alcaldesa no medio do mandato para satisfacer os egos e cotas de poder é unha auténtica anomalía e, loxicamente, non aporta as solucións que merecen os veciños”.
Fronte a elo, defende que o PP, con Santiago á cabeza, aposta por “un proxecto de seriedade, rigor e unidade, que funcione desde o primeiro día sen ter que pactar postos e soldos, algo que acaba saíndo carísimo, e que se dedique en exclusiva aos veciños”.
Pola súa banda, o candidato recordou que en 2019 o PP quedou a uns votos de conseguir a maioría absoluta, “un resultado que houbera evitado un concello dividido, endebedado e repartido pola metade, como o que sufrimos os últimos catro anos”. Por iso, pediu a confianza de todas as persoas que queren un cambio. “Non é o mesmo gañar que perder, nin dicir unha cousa e logo facer a contraria. Eu serei alcalde se obteño o apoio da maioría dos votos e non conseguíndoo mediante pactos, intereses e reparto de sillóns. Eu reivindico a política da xente que cumpre a palabra dada, da sensata, da que suma, da que ten e practica o sentidiño e tamén da que se se equivoca, saiba recoñecelo e rectifique”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116