MOS
As empresas de loxística “last mile” elixen Mos para asentarse
    
    Xa hai 4 establecidas na Estrada Puxeiros-Peinador, e outras en xestións para facelo, interesadas neste polo provincial da última milla
	
        O Concello de Mos vén de converterse nos últimos anos no polo da loxística da última milla ou “last mile”, tanto no que se refire a mensaxería e paquetería de última milla como de todo tipo de loxística destinada a distribuír producto ao cliente final.
 
Con 4 empresas xa instaladas na estrada provincial Puxeiros- Peinador (3 de mensaxería e 1 distrubución de tubería de pvc para saneamento) son varios xa os interesados que pretenden establecerse neste foco punteiro da última milla.
 
Precisamente a última das 4 empresas “last mile” que se instalou na Estrada Puxeiros-Peinador, instalada na localidade mosense dende fai poucos meses, foi a dedicada a distribución de material para obras de instalación de sistemas de saneamento, a francesa Frans Bonhomme.
 
A primeira en implantarse en Mos das 3 dedicadas a mesaxería foi a española Correos Express, seguida da portuguesa CTT Express, desde fai ano e medio; e DHL Express, que leva un ano traballando en Mos.
 
A característica común da loxística de última milla é que a empresa trae tráilers con grandes cantidades de mercadoría ata os puntos “last mile”, onde descargan o producto que se distribúe en furgonetas ou transporte máis reducido para facerllo chegar ao cliente final.
 
A loxística de última milla está en auxe dende o boom do comercio por internet, que se disparou exponencialmente desde a pandemia.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116