Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 13 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

Besteiro, asegura que “Baiona seguirá sendo protagonista nos fondos de recuperación do goberno”

O delegado do goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou esta semana Baiona xunto ao alcalde, Carlos Gómez Prado, e a subdelegada do goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, “para repasar os proxectos nesta vila do pasado máis recente e falar de futuro, porque os novos fondos de recuperación do goberno e os investimentos dos Orzamentos Xerais do Estado terán a Baiona como protagonista”.


“Vivenda, infraestruturas, turismo… haberá moita actividade e o Concello de Baiona está preparado para recibir estes novos proxectos, un concello xa familiarizado con este tipo de axudas”, explicou o delegado do goberno.


“Ademais, os concellos en xeral son moi eficaces no desenvolvemento dos proxectos”, engadiu Besteiro, que posteriormente visitou co alcalde o Parador de Baiona, “onde haberá unha actuación moi importante”.


Con respecto ao primeiro dos PSTD aprobados para Baiona, que inclúe a humanización de Santa Liberata, o alcalde de Baiona anunciou que “os pliegos da adxudicación das obras están prácticamente rematados, unha vez aprobados os informes sectoriais, e o próximo goberno municipal lanzará a convocatoria”.


Gómez Prado agradeceu visita do delegado do goberno “para falar dos recursos que xestionamos estes catro anos e para os que obtivemos o apoio do goberno e fondos europeos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.