Día Viernes, 05 de Diciembre de 2025
ACTUALIDAD
As persoas con discapacidade intelectual reclaman unhas eleccións fáciles de entender
Despois de lograr a reforma da Lei electoral no ano 2020, a campaña “O Meu Voto Conta” reactívase para esixir as medidas que permitan a todas as persoas exercer o seu dereito ao voto en igualdade de condicións.
Contar con programas adaptados a lectura fácil, colexios electoráis coa sinalización adecuada, ou mensaxes máis comprensibles, son algunhas das principais reivindicacións do colectivo de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para este ano electoral, co obxectivo de garantir o dereito á participación na vida política de todas as persoas, sen discriminación.
No ano 2018 a Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados daba luz verde ao texto definitivo sobre a reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeneral, mediante a cal se activaba o dereito ao voto de 100.000 persoas inhabilitadas para o mesmo por sentenzas de modificación da súa capacidade. Con esta reforma, atendíase unha demanda histórica de organizacións da discapacidade como Plena inclusión, ao tempo que se avanzaba no cumprimento da Convención da ONU sobre Dereitos de persoas con discapacidade ratificada por España.
Pero agora que todas as persoas con discapacidade intelectual viron recuperado o seu dereito ao voto, non o están podendo exercer en igualdade de condicións, dada a falta de accesibilidade cognitiva que afecta ás diferentes fases do proceso electoral.
Por este motivo, o colectivo activa novamente a campaña “O Meu Voto Conta” para sensibilizar aos diferentes partidos políticos da necesidade de contar cunhas eleccións accesibles e fáciles de entender para todos os cidadáns, un proceso cada vez máis preto de ser realidade despois de que a Confederación Plena inclusión asinara un acordo co Ministerio do Interior para facilitar o proceso electoral a todas as persoas que o precisan.
A continuación achegamos algunhas das principais reivindicacións de cara a garantir un proceso electoral accesible:
- Contar cun resumo dos programas electorais de cada partido en lectura fácil, que permita a cada persoa tomar as súas propias decisións de voto.
- Contar con propaganda electoral que tamén esté adaptada a lectura fácil.
- Colexios electorais que cumpran coa accesibilidade cognitiva, mellorando a súa sinalización e con cabinas máis amplas.
- Papeletas máis sinxelas de entender, con imaxes das persoas candidatas e diferenciadas por cores.
- Contar con persoas de apoio en cada colexio que podan orientar e axudar ás persoas con maiores problemas de comprensión.
- Formación que permita ás persoas con discapacidade intelectual comprender como funcionan as eleccións.
Obradoiros de voto para facilitar o proceso.
Co fin de achegar a todas as persoas con discapacidade intelectual en que consiste o proceso electoral e os pasos para exercer o seu dereito, a Federación ven organizando diferentes obradoiros onde se explica, por exemplo, que é un colexio electoral, como atopar a mesa onde a persoa debe votar ou cal é a documentación que a persoa debe levar para poder exercer este dereito.
Preto de 200 persoas con discapacidade intelectual están a participar nesta iniciativa que a día de hoxe está en marcha nas entidades deAs BurgaseASPADISIna provincia de Ourense,Juan XXIII,ASPAVI,ASPANAEX,Juan MaríaeASPADEZAna provincia de Pontevedra,Fundación Eu SoneASPANANEna provincia de Lugo ePai MenniePascual Veigana provincia de A Coruña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126