Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Centos de veciños arroupan a Alejandro Lorenzo no arranque da campaña

Centos de veciños e veciñas arrouparon onte ao candidato á reeleción á alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, no arranque da campaña electoral. A poucos minutos de comezar a pegada de carteis, os populares reuníronse para dar o pistoletazo de saída a unhas eleccións decisivas que determinarán o futuro do Porriño.


O candidato popular, Alejandro Lorenzo, estivo acompañado tamén por todos os membros da súa candidatura e polo conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña,.


Lorenzo adiantou que enfocará unha campaña en positivo, “explicando á veciñanza o noso proxecto, acompañandoos, escoitandoos e facendo o mellor que sabemos facer: traballar para servir aos porriñeses e porriñesas”.


“Chegamos ata aquí con quince meses de traballo e xestión, con quince meses de feitos, de realidades que demostran quen somos e o que queremos”, continuou o candidato, “Defendemos un proxecto realista e realizable, unha proposta honesta e viable respaldada por un equipo cunha capacidade de traballo ilimitada e unha entrega absoluta demostrada neste último ano”.


Tras o tradicional acto de pegada de carteis, Alejandro Lorenzo, agradeceu as mostras de apoio recibidas e chamou á mobilización para poder seguir construíndo “O Porriño que queredes, o Porriño que quero. E para iso necesitamos que todos e todas, que o 28 de maio deixemos ben claro co noso voto que queremos que O Porriño siga en marcha, que queremos un goberno estable e unido para que sexa imparable”, concluíu.


Os mítines de campaña arrancan hoxe mesmo no barrio de San Benito, no centro urbano, onde se celebrará un mitin ás 21 h.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.