Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 06 de Marzo de 2026 a las 21:49:07 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 14 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Anxo Baz manifesta que A Guarda merece un goberno que escoite

O candidato á alcaldía da Guarda polo BNG, no primeiro acto de campaña en Camposancos  brindou todo o seu apoio a veciñanza “para petar con decisión nas portas da Xunta de Galiza e conseguir  que a senda peonil Camposancos-A Guarda sexa unha realidade no menor tempo posíbel”.

 

Noutro  momento da súa intervención  e despois de abordar  distintas propostas   do programa do BNG dirixiuse a veciñanza coas seguintes palabras  “pídovos unha  oportunidade para desenvolver o  Monte Trega,  para convertelo dunha vez por todas na pedra angular da nosa identidade e reforzar o seu papel como elemento dinamizador da  nosa economía. “

 

Rematou a súa intervención manifestando  “A Guarda merece un goberno que escoite e que traballe da man da veciñanza como fai Merchi en Camposancos”.

 

Pola súa parte Merchi Martínez, Presidenta da ELM de Camposancos e candidata a reelección  polo BNG, despois de repasar o traballo feito neste mandato marcou como obxectivo fundamental continuar co proceso de mellora e modernización  da traida de augas e con  actuacións que contribuian ao aforro enerxético.

 

Tamén sinalou a limpeza de rúas, camiños, regos, fontes e lavadoiros como unha liña de traballo que hai que continuar así como a programación  cultural iniciada no anterior mandato.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.