Galicia
Lage Tuñas defende en Dodro o modelo de xestión socialista como “garantía de progreso”
O Secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas participou esta fin de semana xunto ao secretario provincial, Bernardo Fernández e ao actual alcalde e candidato á reelección, Xabier Castro, na homenaxe celebrado en Dodro a tódolos candidatos e alcaldes socialistas dos últimos 44 anos.
Lage Tuñas interveu diante de máis de 200 veciños e veciñas de Dodro, onde renderon homenaxe aos 5 candidatos que tivo o PSdeG-PSOE dende 1979, data das primeiras eleccións municipais, e fixo especial mención ao primeiro alcalde socialista deste concello, Arturo Díaz que “puxo fin a moitos anos de gobernos conservadores”.
Tamén destacou o importante traballo que está facendo o actual alcalde e candidato á reelección, Xabier Castro Tourís, que “está mellorando a vida dos veciños, pensando no interese xeral, facendo que Dodro avance”. Asegurou que o PSdeG é a “mellor garantía de progreso e xustiza social”, e augurou que o 28 de Maio “haberá máis alcaldías socialistas”.
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, reivindicou que “votar ao partido socialista é apostar por un goberno municipal solvente e que traballe para a maioría social”.
Subliñou que “os socialistas centraremos os nosos esforzos na Economía, en seguir construíndo cidades e pobos pensados “para vivir, para seguir desenvolvendo políticas de igualdade que poñan ás familias no centro da acción política, para que as atopen espazos de conciliación e convivencia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126