BAIONA
Carlos Gómez: “Baiona adica este ano á Axuda no Fogar 840.000 euros, o triple que en 2019”
“Os Servizos Sociais son un dereito dos veciños protexido pola lei que en Baiona garantimos da man do tecido asociativo local”, explica
Carlos Gómez Prado, candidato socialista á alcaldía de Baiona, lembra que “este ano, a partida municipal para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é de 840.000 euros, o triple que en 2019”.
Gómez Prado asegura que “o paraugas social posto en marcha neste mandato é inédito na vila, pero aumentará no próximo mandato se obtemos a confianza dos veciños o 28 de maio”.
“Pechamos o ano 2022 con máis de 6.000 atencións rexistradas nos Servizos Sociai, e cos orzamentos deste ano aprobamos o maior paraugas social da historia de Baiona, da man do tecido asociativo e do terceiro sector da nosa vila”, afirma o candidato á reelección.
Potenciaranse tamén proxectos como ‘Vincúlate’ e manteranse os convenios de colaboración co terceiro sector de Baiona para diferentes iniciativas (Afaga, Avelaíña, centro Juan María ou Asociación Española contra o Cancro).
“Deixamos atrás esa concepción dos Servizos Sociais como algo semellante á beneficencia ou á caridade. Non, son cousas diferentes, os Servizos Sociais son un dereito dos veciños, un dereito protexido pola lei para darlle asistencia desde as administracións ás persoas que o necesitan”, remata Gómez Prado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217