Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Formalizado o convenio para a rehabilitación dos polígonos residenciais de Torneiros

As actuacións de rehabilitación a nivel de barrio da zona declarada ERRP en Torneiros abarcan unha superficie total de 124.560 m2 incluíndo 50 bloques de edificios

Onte formalizouse o convenio que poñerá a disposición do Concello do Porriño 1 M de euros para que o vecindario dos polígonos residenciais de Torneiros financie actuacións de rehabilitación nas súas vivendas.


As actuacións de rehabilitación a nivel de barrio da zona declarada ERRP en Torneiros abarcan unha superficie total de 124.560 m2 incluíndo 50 bloques de edificios (15 na Fase I, 7 na Fase II, 23 na Fase III, 4 na Fase IV e 1 na Fase V) así como nos viais e espazos que as rodean.


Os propietarios terán acceso a axudas de ata 29.495 euros por vivenda unifamiliar e 26.750 euros no caso de que o inmoble sobre o que se vaia a invertir forme parte dun edificio colectivo. Estas contías, en todo caso, incrementaranse en 12.000 euros de ser, como é o caso dos edificios de Torneiros, necesario retirar elementos con amianto.


O importe da axuda, dependerá tamén do grao de eficiencia enerxética conseguido coa actuación de rehabilitación que se execute, podendo oscilar entre o 40% e o 80% do orzamento protexible. A subvención chegará ata o 100% da inversión realizada en canto se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgún dos propietarios da vivenda.


O Porriño é o concello de menos de 50.000 habitantes que máis fondos recibe na provincia, e como xa dixemos, se destinará a apoiar actuacións de rehabilitación no Entorno Residencial declarado en Torneiros, vecindario poderá acceder por primeira vez a estas axudas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.