Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 20:13:07 horas

Xornal21.es
Jueves, 18 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde de Tui amosou o seu apoio ás persoas traballadoras de Maderas Iglesias

Comprometeuse a trasladar ás institucións este respaldo e solicitar os instrumentos que garantan a viabilidade da firma

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu hai uns días ao Comité de Empresa de Maderas Iglesias xunto a representantes sindicais da CIG e UGT. Deste xeito o rexedor tudense coñeceu de primeira man a situación pola que atravesa a empresa con sede no Porriño que chegou a ser líder mundial na fabricación de tarimas flotantes.

 

Actualmente a empresa conta con 169 persoas traballadoras das que 14 son de Tui. Pese ao momento de “alta produtividade” que vive a compañía nestes momentos o seu futuro é incerto debido á débeda contraída con seis entidades bancarias que demandaron xudicialmente o incumprimento do calendario de pagos.


O alcalde, Enrique Cabaleiro, comprometeuse a trasladar ás institucións o apoio do Concello de Tui á empresa e demandar que se habiliten os instrumentos precisos para garantir a viabilidade da empresa, entre os que estaría a busca dun inversor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.