Viernes, 02 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 19 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

Carlos Gómez: que “queremos que a Casa da Navegación forme parte de Rede de Museos Estatais"

Carlos Gómez Prado, candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, avanza que “no próximo mandato queremos que a Casa da Navegación de Baiona forme parte de Rede de Museos Estatais, xa iniciamos as xestións tras as reformas levadas a cabo neste mandato”.

 

“Xa desde a campaña electoral de 2019 manifestei a miña intención de potenciar a xesta colombina, de poñela en valor con novas iniciativas que beneficien á nosa vila”, explica.

 

Dentro do proxecto europeo 'Exploraterra', encargado de divulgar as grandes travesías transoceánicas peninsulares da historia, a Casa da Navegación conta desde o ano pasado cun novo espazo que ofrece experiencias de realidade virtual aos visitantes. Tamén dentro de ‘Exploraterra’ chegou a renovación do Museo Flotante Carabela La Pinta.

 

A Rede de Museos Estatais está composta por 16 instalacións xestionadas polo Ministerio de Cultura, como o Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática de Murcia; o Museo Nacional de Cerámica de Valencia, ou o Museo Sefardí de Toledo.

 

A inclusión da Casa da Navegación nesta rede suporía unha maior proxección nacional, formando parte de actividades e iniciativas conxuntas para todos os museos.

 

“Atopo moita receptividade e interese neste tema en todas as institucións, xa está en marcha ademais a Asociación de Cidades Colombinas, un proxecto intenacional co obxectivo de ser Patrimonio da Humanidade, conectando os pobos colombinos de España, Sudamérica e África. Con este proxecto ambicioso dotaremos de contido real o irmandamento”, remata Gómez Prado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.