Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 20 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

David Alonso propón un novo auditorio e un consello local de cultura

O candidato socialista David Alonso Bargiela, presentou algúns dos seus compromisos e inversións en materia de cultura para "plantexar que o PSOE: ten un proxecto cultural para Porriño moi distinto ao do Partido Popular".

 

O primeiro anuncio do candidato socialista foi un compromiso coa construcción dun auditorio municipal, unha demanda compartida por toda a cidadanía. O PSOE ten xa un anteproxecto e xa temos unha zona pensada no casco urbán para poder construila e estou seguro de que acadademos o apoio da Deputación de Pontevedra para poder impulsar este proxecto.

 

Outra das propostas estratéxicas do candidato socialista é o da ampliación da Casa de Cultura. Alonso apuntou que durante a visita que o Delegado de Goberno en Galicia, Xose Ramón Gómez Besteiro fixo a Porriño, lle trasladou a proposta de ampliación da Casa de Cultura do Porriño, ubicada no edificio das Escolas Graduadas, que polo seu carácter de edificio de valor histórico, podería recibir financiación do Programa 2,5% Cultural do Ministerio de Fomento, un programa que financia a rehabilitación e mellora de edificios históricos. O candidato socialista afirmou que O Porriño precisa dunha sala de exposicións e maior espazo no Centro Cultural cun proxecto de ampliación respetuoso co edicicio.

 

Programación cultural máis descentralizada

Alonso anunciou a posta en marcha dun Consello Local de Cultura integrado polas asociacións e entidades culturais do Porriño para planificar a actividade cultural do Porriño. “Os porriñeses/as están cansos de gobernos que non escoitan e aplican rodillos culturais dacordo aos seus intereses políticos ou de amizades. Para elo temos que darlle voz a os artistas, creadores e persoas do mundo cultural para, entre todos, definir un programa cultural plural, para todos os públicos, pero sen renunciar a apostas que atraían a O Porriño a artistas ou eventos de referencia. Gosto dos Dj´s e das grandes orquestas, pero a cultura é moito máis”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.