GALICIA
Rueda anuncia que a Xunta activa apoios por 3,8m€ para o comercio de proximidade galego
Resalta que nas próximas semanas vaise lanzar un programa de axudas para “impulsar proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable”
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta semana que o Goberno galego vai activar apoios por 3,8 millóns de euros para continuar avanzando na transformación dixital e sustentable do comercio de proximidade galego.
“Trátase dun novo programa para impulsar proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable entre pemes e autónomos”, indicou. Para iso, nas vindeiras semanas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o programa de axudas do Fondo tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU.
Rueda subliñou que as axudas, que alcanzan o 90 % do investimento subvencionable, poden chegar “aos 180.000 euros no caso das pemes comerciais”, en función do número de traballadores. Os apoios poden chegar “aos 54.000 euros no caso das asociacións de comerciantes” con maior número de asociados, e chegar “aos 72.000 euros” no caso de federacións de ámbito provincial ou autonómico. Concederanse por orde de solicitude e abranguerán actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 29 de setembro deste ano.
No caso dos comercios, entre outras actuacións, o presidente indicou que vanse financiar “aplicacións de big data que son imprescindibles para facer estudos de mercado e coñecer os intereses da clientela; a instalación de probadores interactivos, asistentes virtuais e sistemas de realidade aumentada ou a instalación de sistemas de climatización enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces”.
No que respecta ás asociacións de comerciantes, poderán destinar as axudas á instalación de mupis dixitais, redes wifi nas áreas comerciais, procesos ecoeficientes para a correcta separación de residuos ou proxectos para mellorar a eficiencia enerxética, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126