Domingo, 21 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 22 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Areeiro advirte da aparición dos primeiros síntomas de oídio nas viñas

O Centro Fitopatolóxico da Deputación anima a incrementar a vixilancia do mildio ante a incerteza meteorolóxica xa que verase favorecido se as temperaturas son elevadas e se producen chuvascos. Neste caso habería que renovar as intervención

A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario que advirte da aparición dos primeiros síntomas de oídio nas viñas e recomenda incluír o patóxeno nos plans de tratamento. Tamén anima a incrementar a vixilancia do mildio ante a incerteza meteorolóxica xa que verase favorecido se as temperaturas son elevadas e se producen chuvascos. Igualmente a EFA recomenda revisar as viñas ante o black rot a pesar de que non se observaron manchas.

 

Os primeiros síntomas do oídio veñen de aparecer nunha folla de albariño da rede de seguimento habitual de Areeiro. Esta aparición, que o pasado ano detectouse a mediados de xuño, implica comezar a tratar a viña cunha aplicación antioídio, tendo en conta ademais que os grans están recentemente formados e hai que protexelos do patóxeno.

 

No que respecta ao mildio o ambiente seco das semanas anteriores tivo reflexo na captura de esporas, que baixou sensiblemente dos valores superiores ou próximos a 100 que se tiñan recollido.  Deste xeito nas observacións realizadas a pasada semana non se atoparon síntomas novos nas follas ou nos acios e os predios visitados pola EFA observaron algunha mancha illada. Sen embargo veñen de ser detectadas xa algunhas manchas novas polo que o centro dependente da Deputación anima a incrementar a vixilancia tendo en conta, amais, a incerteza meteorolóxica xa que o mildio verase favorecido se as temperaturas son elevadas e se producen chuvascos. Neste caso habería que renovar as intervencións tendo en conta que o período de floración-formación do froito é unha fase extremadamente sensible no ciclo da viña.

 

No referente a black rot, a pesar de que tampouco se observaron manchas deste fungo, é conveniente manter unha vixilancia debido a que a uva recentemente formada é moi sensible a este patóxeno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.