Sábado, 20 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 23 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Ángela Rodríguez “Pam” apoia a Luisa “Mariquiña” Lores como Alcaldesa de Pontevedra

A Secretaria de Estado de Igualdade Ángela Rodríguez Pam participou este mércores nun acto aberto a cidadanía para apoiar a candidatura de Luisa Lores, candidata morada á alcaldía da cidade do Lérez. 
Lores, coñecida como “Mariquiña”, destacou na súa intervención dende o escenario  o estado “raquítico” dos Servicios Sociais en Pontevedra, “segundo os propios xerentes do servicio”. A tamén activista veterana na plataforma SOS Sanidade e radióloga do Hospital de Montecelo, fixo especial fincapé na necesidade de contar con un Servicio de Atención no Fogar “que permita as persoas maiores vivir na súa casa con dignidade”. 


Asemade, a alcaldable falou tamén da necesidade de potenciar o uso do idioma, posto que “pese a mais de 20 anos de goberno do BNG, somos un dos Concellos que menos galego fala”.  Por otra banda, aseverou que “Pontevedra é un Concello machista”, no que “os cargos de confianza, todos homes, deciden que non teñamos centros de día, nin escolas infantís municipais, nin casas de acollida para mulleres víctimas de violencia”. 


Nesta mesma liña, Pam afeoulle o alcalde Lores manter “un sistema de coidados privatizado, tanto no caso das residencias como do SAF”, e revindicou a remunicipalización destes servicios onde “as traballadoras, case sempre mulleres, desenvolven a súa labor con recuros insuficientes e en condicions laborais de precariedade”. Tamén aseverou que as eivas  dos sistema público de coidados “as acaban cubrindo sempre as mulleres, que coidan dos seus familiares maiores ou dependentes”. “Non hai nada mais machista que non apostar polas políticas de coidados” afirmou. 


 Deste xeito, a número dous de Montero revindicou que “Podemos ten feito mais polas políticas sociais no Goberno do Estado que o BNG en un cuarto de siglo no Concello”. Tamén afeou os nacionalistas ter votado en contra de varias medidas en clave estatal, coma a Reforma Laboral, o Ingreso Mínimo Vital ou a Lei de Vivenda no Congreso dos Deputados.


No mitin tamén interviron a Secretaria de Feminismos e LGTBI da dirección galega, Andrea Obenza, e o Coordinador Nacional da formación morada, Borja San Ramón. 
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.