SALUD
A periodontitis aumenta o risco de desenvolver enfermidades neurolóxicas graves como o ictus e o alzhéimer
O periodoncista e investigador do IDIS, Yago Leira, coordina un estudo que relaciona a infección das enxivas coa enfermidade cerebrovascular e coa demencia
A periodontitis aumenta o risco de padecer ictus isquémico e demencia de tipo Alzhéimer. O grupo de traballo da Sociedade Española de Periodoncia (SEPA) e a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), coordinado por Yago Leira Feijóo, periodoncista e investigador do IDIS, presentou un informe científico que pon de manifesto a inflamación crónica e persistente que provoca esta infección bucal como unha das causas destas graves doenzas.
Os últimos avances científicos permitiron coñecer o vínculo existente entre a saúde oral e estas dúas enfermidades. “As persoas con periodontitis poden ter case o dobre de risco de padecer alzhéimer e o triplo de sufrir un ictus isquémico”, sinala o doutor Yago Leira, coordinador do grupo SEPA-SEN. De todas as enfermidades neurolóxicas que se analizaron, a enfermidade cerebrovascular e a demencia son as dúas sobre as que existe unha maior evidencia científica na súa relación coa infección das enxivas.
A enfermidade periodontal trátase dunha grave infección das enxivas que dana o tecido brando ao redor dos dentes, o que pode chegar a destruír o óso. “É moi frecuente entre a poblacióna adulta, estímase que 8 de cada 10 españois teñen algún grao desta doenza”, explica o investigador. Por tanto, marcadores de risco como a periodontitis “son de gran axuda para evitar, reducir ou minimizar o impactos deste tipo de desordes neurolóxicas”, en palabras de Leira, que carrexan graves consecuencias no organismo.
A inflamación persistente como posible hipótese
Segundo os estudos epidemiolóxicos, as sospeitas viran arredor da inflamación crónica no organismo que desencadearía graves secuelas, como alzhéimer e ictus. Esta inflamación persistente nas enxivas termina provocando consecuencias negativas a nivel neurolóxico, ademais de atacar a órganos diana que comprometen a saúde cardiovascular ou a diabetes.
No ictus, a periodontitis desencadearía un estado protrombótico de hipercoagulabilidade e de disfunción do endotelio vascular que aumenta o risco de trombose cerebral, como resposta inmunoinflamatoria crónica. No caso do alzhéimer, a inflamación persistente a baixo grao e as bacterias que se producen durante a infección, contribúen ao proceso neurodexenerativo e disfunción cognitiva característicos desta patoloxía neurolóxica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218