MOS
Nidia Arévalo presenta o proxecto de humanización Porteliña, As Pozas e Cotoblanco
Fíxoo xunto á súa número 10 da lista electoral e candidata pola parroquia de Petelos, Laura Méndez
A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía polo PP mosense, Nidia Arévalo, presentou hoxe o proxecto de Humanización Porteliña, As Pozas e Cotoblanco, incluído no seu programa electoral. Fíxoo xunto coa súa número 10 de candidatura, Laura Méndez Senlle.
O proxecto consiste na mellora da seguridade viaria e da interconexión peonil, na Porteliña, entre equipamentos muncipais educativos e de lecer: biblioteca, xulgado e gardería a Cotoblanco polo camiño do Porto e As Pozas polo Camiño das Urces e Camiño Ramilo.
A intervención que se pretende, na parroquia de Petelos, actuará no Camiño do Porto, Camiño do Coto da Cambra, Camiño das Urces e Camiño Ramilo, reforzando as sinerxías entre os barrios da Porteliña, Cotoblanco e As Pozas..
Perséguese mellorar a interconexión peonil, accesible e segura, entre os equipamentos municipais educativos e de lecer, nomeadamente a Gardería e Biblioteca co CEIP, IES, Pavillón Óscar Pereiro, Piscina Municipal e Multiusos.
Trátase dunha actuación sobre os itinerarios actuais, referidos anteriormente, acadando unha lonxitude total da intervención duns 1.520 metros lineais.
Como non se prevé a apertura de novos itinerarios, actuarase sobre os existentes, mellorando a convivencia entre os vehículos a motor coas persoas, a pé ou en bicicleta. Para iso acadaranse os anchos máximos previstos na normativa municipal de ordenación do noso Concello, implantándose itinerarios ou sendas exclusivos para as persoas, en paralelo coas circulacións peonís, diferenciándose non so nos materiais do pavimento, senón tamén na iluminación e sinalización, tanto horizontal como vertical.
Así mesmo, dada a configuración intrincada do Camiño de Ramilo, configurarase este como viario eminentemente peonil, con acceso de vehículos exclusivo á residentes.
Por último, prestarase especial atención aos nós ou cruzamentos, como o do Camiño do Porto e camiño da Porteliña co Camiño da Barxa, ou o cruzamento do Camiño das Urces con Camiño Ramilo, resolvéndose non so atendendo a cuestións de seguridade viaria e/ou peonil, senón tamén como puntos singulares nos que poder situar espazos de descanso con sombra e mobiliario urbano ao servizo do uso pretendido. Mellorarase o acceso á Biblioteca Municipal evitando o embotellamiento de tráfico e reducindo ostensiblemente a perigosidade ao mellorar la visibilidade no cruce ente Camiño Barxa cara a Camiño Porto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22