Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 25 de Mayo de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Félix González quere ser o alcalde de Salvaterra que estea “á altura do reto da PLISAN”

O candidato socialista asegura que non gobernará “dende o balcón”, senón que abrirá as portas ás empresas e dará músculo ao departamento de Urbanismo para axilizar a tramitación das licenzas

Félix González ten moi claro que Salvaterra precisa dun alcalde que estea á altura do reto que supón o despegue do polígono empresarial da PLISAN. O candidato socialista, que recibiu a visita da presidenta do PSdeG e da Deputación, Carmela Silva, proponse gobernar  “dende a terra e non dende o balcón”, converténdose no interlocutor directo de tódalas empresas interesadas en asentarse en Salvaterra para acompañalas e facilitarlles os trámites. A primeira medida pasa por “dotar de músculo” ao servizo municipal de Urbanismo co obxectivo de dar saída en tempo e forma ás licenzas non só das empresas, senón tamén de vivendas, obras e negocios que se incrementarán a medida que a ocupación empresarial no polígono vaia medrando.


O candidato destacou que se a PLISAN saíu adiante foi porque David Regades converteuse en 2015 no delegado estatal no Consorcio da Zona Franca de Vigo. Unha apreciación na que coincidiu Carmela Silva, “porque, tras moitos anos cuns terreos abandonados e cheos de broza, agora hai parcelas con grandes empresas, obras para novas plantas e centos de postos de traballo”. “E iso coincidiu coa chegada dun socialista á Zona Franca”. “Hai que dicilo alto e claro”.


O candidato socialista recalcou que o Concello de Salvaterra non pode permitirse casos como o que está a padecer unha empresa, que ten un proxecto de dous millóns de euros para ampliar o seu negocio enriba da mesa, “e está a queixarse de que leva xa demasiado tempo agardando polo Concello”. “Queremos unha Salvaterra con futuro e o emprego é a clave”, engadiu.


O candidato socialista  tamén propón poñer fin ao abandono das parroquias  e impulsar o lecer e o deporte en todo o territorio e non só no centro urbano.

 

Senda ao colexio de Leirado
A visita de Carmela Silva á candidatura de Félix González tivo como escenario a nova senda peonil ao colexio de Leirado, “que antes era unha zona perigosísima onde as persoas carecían de espazo para moverse con seguridade, particularmente as nenas e nenos, e agora é un espazo seguro e fermoso”.  Unha obra que exemplifica a colaboración constante da Deputación con este concello.


Carmela Silva pediu un cambio á xente de Salvaterra “para deixar atrás a un PP que non é innovador e que repite as mesmas cousas, mandato tras mandato e goberne onde goberne, para volver poñer no mapa a un Concello transfronteirizo que perdeu posición na provincia”. Por todo isto confiou en poder chamar ao novo alcalde no domingo pola noite “para comezar a falar do futuro e recuperar o tempo perdido”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.