NIGRAN
O Concello de Nigrán establece o primeiro perímetro de seguridade contra o lume
Limpáronse 65.000 m² de terreo forestal que rodeaba ás vivendas das zonas de A Lama e Chouzo (Camos) e Rozadas (Chandebrito) garantindo así unha gran protección contra posibles incendios
O Concello de Nigrán culminou a semana pasada o establecemento dunha gran faixa de protección anti-incendios no contorna das vivendas dos montes de Camos e Chandebrito. Concretamente, a través da brigada forestal municipal, limpáronse 65.000 m² de masa arbórea que rodeaban ás vivendas das zonas de A Lama e Chouzo (Camos) e Rozadas (Chandebrito) co obxectivo de estar xa establecido o perímetro na tempada de máximo risco. Moitos destes traballos executáronse de maneira subsidiaria ao non ter localizados oas donos das tomadas. Posteriormente, e pasado o verán, repoboarase con carballos, cerquiños e sobreiras, especies autóctonas que funcionan como freo ante o lume (compre recordar que no Chouzo chegaron a arder dúas casas no 2017).
Esta brigada forestal xurdida en abril de 2022 é a única 100 % municipal da comarca e se adica durante todo o ano a realizar labores de prevención de incendios e tamén de creación do parque forestal Os Matos-Río Táboas baixo a dirección técnica da consultora Landra. A brigada leva meses abrindo camiños no monte para o correcto acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade, eliminando biomasa, rozando as contornas de vivendas en risco ou incluso limpando de forma subsidiaria fincas con expedientes sancionadores porque os propietarios non as manteñen conforme obriga a lei. Adicionalmente, está a disposición do GES en caso de declararse algún lume.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163