GALICIA
O Goberno galego recoñece o traballo de 45 centros de FP cos premios a proxectos de innovación
O obxectivo destes galardóns é potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades
A Xunta de Galicia vén de resolver os Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional, cos que se recoñece o traballo de 45 centros, entre coordinadores e colaboradores. A relación de iniciativas galardoadas pode consultarse no Portal Educativo.
O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica total de 840.000€, é potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento.
A esta convocatoria presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores, con 49 centros coordinadores, 64 centros participantes, 167 entidades colaboradoras e máis de 250 docentes implicados. O maior aumento de propostas produciuse na modalidade B, correspondente a proxectos de innovación didáctica cun total de 55 proxectos presentados, fronte os 45 de innovación tecnolóxica ou científica.
Nesta convocatoria valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros para dar lugar a iniciativas de emprendemento no seu viveiro industrial, como promotor da innovación aplicada na FP galega.
Innovación tecnolóxica ou científica
Do total dos premios, 17 son para proxectos da modalidade A, que teñen como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. As iniciativas debían estar orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e a contorna produtiva, así como ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.
Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:
Provincia
Concello
Centro coordinador
Proxecto
A Coruña
A Coruña
CIFP Someso
Adestrador de procedemento cirúrxico con aditiva
A Coruña
Carballo
IES Monte Neme
REDICIR rede de dixitalización na economía circular. Aplicacións no sector primario
A Coruña
Culleredo
CIFP Universidade Laboral
Simulador de subestación de intemperie de alta tensión
A Coruña
Ferrol
CIFP Ferrolterra
ECOGREL
A Coruña
Pontedeume
CIFP Fraga do Eume
Bean to bar. Os nosos bombóns
A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
Da presa á mesa: Prototipo de planta potabilizadora móbil
A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Compostela
Soporte basculante para o servizo de viños en botellas de grande formato
Lugo
Lugo
CIFP As Mercedes
Design Thinking, o deseño como ferramenta de transformación. Tecnoloxías Fab Lab en contornas colaborativas.
Lugo
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Sistema de movemento e posicionamento por levitación magnética
Lugo
Viveiro
IES María Sarmiento
Coches iónicos made in Galicia
Ourense
Ourense
CIFP Portovello
Uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en aplicacións de selección de persoal
Ourense
Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D
Ourense
Vilamarín
IES de Vilamarín
Experiencia gastronómica multisensorial
Pontevedra
Marín
IES Chan do Monte
A lámpada de IAladina
Pontevedra
Ponteareas
CIFP A Granxa
Elaboración de licores de expedición de escumosos a base de viños doces de castes autóctonas e destilados galegos
Pontevedra
Pontevedra
CIFP Carlos Oroza
OrozaLab-Produtos culinarios liofilizados 6ªGama
Pontevedra
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Smarthome con autoconsumo eléctrico e térmico mediante hidróxeno verde
Innovación didáctica
No caso dos proxectos de innovación didáctica, outórganse 19 galardóns. Nesta modalidade as iniciativas debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais.
Neste sentido, pedíase que estivesen orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais debían ser doadamente trasladables a outros centros educativos onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.
A relación de iniciativas galardoadas é a seguinte:
Provincia
Concello
Centro coordinador
Proxecto
A Coruña
A Coruña
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
Análise teórico-práctica da calidade do aire na cidade de A Coruña a través da biomonitorización
A Coruña
A Coruña
CIFP Paseo das Pontes
Avanzando por unha industria téxtil máis sostible. Coiro de pel de peixe curtido de forma natural
A Coruña
A Coruña
CIFP Imaxe e Son
E agora que? Podcast ponte entre o espazo educativo e o mundo profesional. Aplicacións didácticas
A Coruña
Betanzos
IES As Mariñas
Maqueta didáctica funcional de vehículo eléctrico Renault Zoe, xestión de avarías bluetooth e realidade aumentada
A Coruña
Cedeira
IES Punta Candieira
REAMCO1: Realidade aumentada en comunicación e sociedade nos ciclos de Grao Básico
A Coruña
Fene
IES de Fene
Desenvolvemento de postos de soldadura tradicional e simulada con posicionadores adaptables
A Coruña
Ferrol
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Xogo competitivo de elaboración, ataque e monitorización de aplicacións vulnerables para a aprendizaxe do desenvolvemento seguro
A Coruña
Ferrol
CIFP Ferrolterra
Estudo, deseño e transformación dunha moto de combustión a moto eléctrica
A Coruña
Ferrol
CIFP Leixa
Recuperación, mantemento e almacenamento mediante criofilización, dun cultivo celular de Sacharomyces sp. empregada na elaboración dunha cervexa artesanal
A Coruña
Santiago de Compostela
IES San Clemente
Repositorio de escenarios prácticos para despregue de infraestruturas en virtualización, contedores, cloud computing e exercicios de Red Team e Blue Team
A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
FreeFenestra
Lugo
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Virtual Commissioning: do xemelgo dixital a posta en marcha virtual
Lugo
Lugo
CEE Santa María
Creando un patio para todos
Lugo
Ribadeo
CIFP Porta da Auga
Construción dunha maqueta sobre o sistema de freado ABS
Lugo
Vilalba
IES Lois Peña Novo
Maqueta Pila de combustible de hidróxeno
Ourense
Ourense
CIFP A Farixa
Aula tecnolóxica de enerxías renovables en contedor marítimo acondicionado
Ourense
Ourense
IES O Ribeiro
Nova olivicultura galega: AOVE galego de calidade
Pontevedra
Pontevedra
IES Montecelo
Ensaio de determinación da agudeza visual na discriminación das cores e problemas na percepción das cores
Pontevedra
Vigo
IES Ricardo Mella
MeteoLoRa
A Xunta de Galicia vén de resolver os Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional, cos que se recoñece o traballo de 45 centros, entre coordinadores e colaboradores. A relación de iniciativas galardoadas pode consultarse no Portal Educativo.
O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica total de 840.000€, é potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento.
A esta convocatoria presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores, con 49 centros coordinadores, 64 centros participantes, 167 entidades colaboradoras e máis de 250 docentes implicados. O maior aumento de propostas produciuse na modalidade B, correspondente a proxectos de innovación didáctica cun total de 55 proxectos presentados, fronte os 45 de innovación tecnolóxica ou científica.
Nesta convocatoria valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros para dar lugar a iniciativas de emprendemento no seu viveiro industrial, como promotor da innovación aplicada na FP galega.
Innovación tecnolóxica ou científica
Do total dos premios, 17 son para proxectos da modalidade A, que teñen como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. As iniciativas debían estar orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e a contorna produtiva, así como ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.
Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:
|
Provincia |
Concello |
Centro coordinador |
Proxecto |
|
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Someso |
Adestrador de procedemento cirúrxico con aditiva |
|
A Coruña |
Carballo |
IES Monte Neme |
REDICIR rede de dixitalización na economía circular. Aplicacións no sector primario |
|
A Coruña |
Culleredo |
CIFP Universidade Laboral |
Simulador de subestación de intemperie de alta tensión |
|
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
ECOGREL |
|
A Coruña |
Pontedeume |
CIFP Fraga do Eume |
Bean to bar. Os nosos bombóns |
|
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
Da presa á mesa: Prototipo de planta potabilizadora móbil |
|
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CIFP Compostela |
Soporte basculante para o servizo de viños en botellas de grande formato |
|
Lugo |
Lugo |
CIFP As Mercedes |
Design Thinking, o deseño como ferramenta de transformación. Tecnoloxías Fab Lab en contornas colaborativas. |
|
Lugo |
Lugo |
CIFP Politécnico de Lugo |
Sistema de movemento e posicionamento por levitación magnética |
|
Lugo |
Viveiro |
IES María Sarmiento |
Coches iónicos made in Galicia |
|
Ourense |
Ourense |
CIFP Portovello |
Uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en aplicacións de selección de persoal |
|
Ourense |
Ourense |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D |
|
Ourense |
Vilamarín |
IES de Vilamarín |
Experiencia gastronómica multisensorial |
|
Pontevedra |
Marín |
IES Chan do Monte |
A lámpada de IAladina |
|
Pontevedra |
Ponteareas |
CIFP A Granxa |
Elaboración de licores de expedición de escumosos a base de viños doces de castes autóctonas e destilados galegos |
|
Pontevedra |
Pontevedra |
CIFP Carlos Oroza |
OrozaLab-Produtos culinarios liofilizados 6ªGama |
|
Pontevedra |
Vigo |
CIFP Valentín Paz Andrade |
Smarthome con autoconsumo eléctrico e térmico mediante hidróxeno verde |
Innovación didáctica
No caso dos proxectos de innovación didáctica, outórganse 19 galardóns. Nesta modalidade as iniciativas debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais.
Neste sentido, pedíase que estivesen orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais debían ser doadamente trasladables a outros centros educativos onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.
A relación de iniciativas galardoadas é a seguinte:
|
Provincia |
Concello |
Centro coordinador |
Proxecto |
|
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto |
Análise teórico-práctica da calidade do aire na cidade de A Coruña a través da biomonitorización |
|
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Paseo das Pontes |
Avanzando por unha industria téxtil máis sostible. Coiro de pel de peixe curtido de forma natural |
|
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Imaxe e Son |
E agora que? Podcast ponte entre o espazo educativo e o mundo profesional. Aplicacións didácticas |
|
A Coruña |
Betanzos |
IES As Mariñas |
Maqueta didáctica funcional de vehículo eléctrico Renault Zoe, xestión de avarías bluetooth e realidade aumentada |
|
A Coruña |
Cedeira |
IES Punta Candieira |
REAMCO1: Realidade aumentada en comunicación e sociedade nos ciclos de Grao Básico |
|
A Coruña |
Fene |
IES de Fene |
Desenvolvemento de postos de soldadura tradicional e simulada con posicionadores adaptables |
|
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
Xogo competitivo de elaboración, ataque e monitorización de aplicacións vulnerables para a aprendizaxe do desenvolvemento seguro |
|
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
Estudo, deseño e transformación dunha moto de combustión a moto eléctrica |
|
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Leixa |
Recuperación, mantemento e almacenamento mediante criofilización, dun cultivo celular de Sacharomyces sp. empregada na elaboración dunha cervexa artesanal |
|
A Coruña |
Santiago de Compostela |
IES San Clemente |
Repositorio de escenarios prácticos para despregue de infraestruturas en virtualización, contedores, cloud computing e exercicios de Red Team e Blue Team |
|
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
FreeFenestra |
|
Lugo |
Lugo |
CIFP Politécnico de Lugo |
Virtual Commissioning: do xemelgo dixital a posta en marcha virtual |
|
Lugo |
Lugo |
CEE Santa María |
Creando un patio para todos |
|
Lugo |
Ribadeo |
CIFP Porta da Auga |
Construción dunha maqueta sobre o sistema de freado ABS |
|
Lugo |
Vilalba |
IES Lois Peña Novo |
Maqueta Pila de combustible de hidróxeno |
|
Ourense |
Ourense |
CIFP A Farixa |
Aula tecnolóxica de enerxías renovables en contedor marítimo acondicionado |
|
Ourense |
Ourense |
IES O Ribeiro |
Nova olivicultura galega: AOVE galego de calidade |
|
Pontevedra |
Pontevedra |
IES Montecelo |
Ensaio de determinación da agudeza visual na discriminación das cores e problemas na percepción das cores |
|
Pontevedra |
Vigo |
IES Ricardo Mella |
MeteoLoRa |






























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217