VIGO
A Xunta renova a formación básica en primeiros auxilios do persoal do Parque Nacional
Preto de medio cento de traballadores que desenvolven o seu labor tanto a pé de campo, nas catro illas, como no edificio Cambón de Vigo, sede central do organismo, completaron en maio un curso sobre soporte vital básico e manexo de desfibriladores
A Xunta acaba de actualizar a formación básica en primeiros auxilios de todo o persoal adscrito ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, desde axentes medioambientais, técnicos e vixiantes ata equipo directivo, tripulantes e administrativos, entre outros.
Deste xeito, durante as últimas dúas semanas de maio instrutores oficiais de Soporte Vital da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (SEMFYC) e persoal docente de emerxencias médicas impartiron coñecementos esenciais de soporte vital básico e de capacitación para a utilización de desfibriladores externos semiautomáticos ás 48 persoas que traballan actualmente no Parque Nacional, tanto persoal que desenvolve o seu labor en Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada como o adscrito ao edificio Cambón de Vigo, sede central do organismo.
Entre os obxectivos que se busca acadar con esta formación cómpre subliñar o inicio da cadea de supervivencia, incluíndo unha adecuada interacción co sistema de emerxencias; recoñecer de forma rápida unha parada cardiorrespiratoria; aplicar as técnicas de permeabilización da vía aérea; realizar unha reanimación cardiopulmonar de alta calidade; e utilizar o desfibrilador dunha maneira eficaz e segura.
A tal fin, os participantes realizaron prácticas para colocar un corpo en posición lateral de seguridade, a única eficaz en persoas inconscientes, non traumáticas e que respiran espontaneamente, para evitar a aspiración de vómitos e a obstrución da vía aérea; a manobra de Heimlich, combinada con golpes nas costas, en adultos e en nenos; a reanimación cardio-pulmonar; e o manexo do desfibrilador semiautomático, dispositivo dispoñible en cada unha das catro illas e tamén no Centro de visitantes de Vigo.
Tras completar o curso, todos os alumnos recibiron un diploma acreditativo emitido polo Comité Autonómico de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e avalado pola SEMFYC.
Cómpre lembrar que o Parque Nacional se encarga de renovar cada dous anos a formación do persoal ao seu servizo debido á importancia que teñen este tipo de coñecementos para poder actuar con dilixencia en casos e situacións de emerxencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217