Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Viernes, 02 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán adxudica os quioscos de praia do municipio

O Concello recadará un total de 160.480 € por estes 8 chiringuitos que poderán estar operativos desde agora e ata o 30 de setembro. O posto de Praia América acadou a oferta récord de 34.125 €

O Concello de Nigrán ven de adxudicar os 8 quioscos de praia do municipio por un importe total de 160.480 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 34.125 € de Praia América (cifra récord) aos 7.120 € do posto de churros de Lourido. A maioría deles comenzarán a funcionar desde esta mesma fin de semana e, como máximo, ata o 30 de setembro. Os prezos mínimos de licitación mantivéronse iguais que no ano 2021, obtendo o Concello unha mellora nas ofertas de 48.955 € en total (6.532 € máis que no 2022). En total, o Concello disporá coma nos anos anteriores de 7 quioscos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e 1 de venda de churros en Praia América.  

 

"Temos que ter en conta que estes quioscos son un servizo de praia máis que dá traballo a diferentes familias de Nigrán que tradicionalmente poxan por eles ano a ano e, ao mesmo tempo, ofrecen un servizo que os cidadáns agradecen e que dan un ambiente especial á tempada estival", indica o alcalde, Juan González.

 

Aínda que o quiosco coa oferta económica máis alta recibida foi o de Praia América con 34.125 € e un prezo mínimo estipulado polo Concello en 24.000 €, a diferenza máis grande prodúxose co posto de Panxón, onde se mellorou en 11.585 € a cifra de saída de 19.000 €. Sen embargo,  proporcionalmente, a contía máis alta foi a da Madorra, xa que practicamente quintuplicou a oferta mínima de 2.500 € adxudicándose finalmente en 12.150 €.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.