Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 04 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba os proxectos para dotar de placas solares a edificios de cinco concellos

Caldas de Reis, Catoira, Dozón, Forcarei e Ribadumia contarán con 11 novas instalacións solares fotovoltaicas nunha actuación cun orzamento de 157.725 € e financiada ao 85% polo IDAE con fondos do Plan de Recuperación

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar os proxectos para a contratación e subministración das obras de mellora da eficiencia enerxéticas en instalacións fotovoltaicas sostibles, que beneficiarán aos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Forcarei, Dozón e Ribadumia. Serán 11 os edificios destes cinco concellos os que contarán coas instalacións solares fotovoltaicas, que serán de autoconsumo con vertido a rede de excedentes. A actuación ten un orzamento de 157.725 € e conta cunha axuda do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) con fondos do Plan de Recuperación de 134.000 euros, o que supón o 85% do financiamento total destas instalacións,  mentres que o 15% restante (25.238 euros) repártese a partes iguais entre a Deputación e os concellos.

 

En Caldas de Reis instalaranse placas solares na Casa Consistorial cunha potencia de 20 kW e unha produción anual estimada de 27.816 kW, e no polideportivo e a piscina municipal, coa mesma potencia e unha produción anual estimada de 23.212 kW. No caso de Catoira, as instalacións fotovoltaicas situaranse no Colexio Público Integrado, con potencia eléctrica de 10 kW e unha produción anual estimada de 12.365 kW, e no Pavillón de Deportes (5 kW e produción estimada de 6.628 kW). En canto a Dozón, procederase a colocar novas instalacións na Casa do Concello, con potencia eléctrica de 2,76 kW e produción anual estimada de 3.568 kW, no Centro de Saúde (2,76 kW e produción estimada de 3.530 kW) e no Albergue (11,04 kW e produción estimada de 14.581 kW).

 

As placas solares coas que se dotará á Casa do Concello de Forcarei terán unha potencia eléctrica de 8,16 kW e unha produción anual estimada de 10.160 kW. Por último, no concello de Ribadumia as instalacións fotovoltaicas colocaranse na piscina e no Club Náutico, onde contarán cunha potencia eléctrica de 10 kW e unha produción anual estimada de 12.491 kW, na Casa da Cultura (10 kW e unha produción estimada de 13.019 kW) e no Complexo Deportivo (15 kW e unha produción anual estimada de 20.869 kW).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.