Vigo
Entrega de bandas de honra no CRD de Vigo
O pasado xoves 1 de xuño tivo lugar a festa de graduación do alumnado residente no Centro Residencial Docente de Vigo (CREDO) ao longo da promoción 2021/2023.
![[Img #82369]](https://xornal21.com/upload/images/06_2023/8844_20230601_0196.jpg)
A mestra de ceremonias, a súa directora-xerente Montserrat Vaqueiro abriu o acto cun discurso de agradecemento a todo o persoal do CRD, transmitindo os parabéns e as felicitacións ás familias e aos residentes que neste curso rematan a súa estancia no Centro Residencial Docente. Igualmente fixo unha ampla alusión á importancia deste tipo de centros para acadar a equidade educativa, que garante a igualdade de oportunidades para o pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación, a inclusión educativa, a igualdade de dereitos e oportunidades que axudan a superar calquera discriminación e accesibilidade universal á educación, actuando como un elemento compensador de desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais.
O centro acolle alumnado de toda a Comunidade Autónoma, procedente dun total de 38 concellos distintos, que cursan os seus estudos en 18 centros educativos de Vigo. Un total de 80 alumnos rematan este curso o seu paso polo Centro Residencial Docente.
No acto estiveron presentes:
. D. César A. Pérez Ares, Xefe Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra
. Dª Montserrat Vaqueiro Romero, Directora do CRD
. D.ª María Jesús Rodríguez Sánchez, Xefa de Residencias do CRD
. D. Miguel Ángel Hernández Montes, Inspector Xefe Provincial
A presentación correu a cargo dos alumnos-residentes.
Levouse a cabo unha proxección vídeográfica das actividades realizadas no centro; houbo mencións especiais aos alumnos/as cos mellores expedientes académicos.
Valentín de Miguel, exdirector da residencia Anduriña levou a cabo a lección de peche do curso académico cunha disertación sobre a súa experiencia e as súas vivencias no CRD de Vigo.
Posteriormente impuxéronse as bandas de honra a todo o alumnado que rematou os seus estudos de ciclos formativos de grao medio, de grao superior e de bacharelatos
O acto rematou cunha actuación musical e un ágape para todos os asistentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217