GALICIA
A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde completa a posta en marcha dos seus catro comités
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta semana na reunión do Comité Executivo de Proxectos Tractores e Infraestruturas no que se expuxo a folla de ruta a seguir durante este ano
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou na posta en marcha do Comité Executivo de Proxectos Tractores e Infraestruturas da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde. Con este xa están activos os catro comités que forman a gobernanza da Alianza, pois xa comezaron os traballos dos comités executivos de Instrumentos e Normativa, de Capacidades Industriais e de Formación e Innovación.
Neste cuarto comité creado no marco da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, expúxose a folla de ruta para o ano 2023 na que se contempla fomentar colaboracións e proxectos conxuntos con compromiso de implantación industrial en Galicia; a análise dos traballos do resto de comités desde a perspectiva de promoción dos proxectos tractores; así como impulsar as infraestruturas necesarias que se precisan para desenvolver estas iniciativas empresariais. Especialmente, no eido da planificación eléctrica -desde a Xunta xa se trasladou ao Goberno a necesidade de contar con 1200MW adicionais para a posta en marcha de novos proxectos antes de 2026- e dos gases renovables, a través do corredor atlántico do hidróxeno verde.
O obxectivo da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, como instrumento de colaboración público-privada promovido pola Xunta de Galicia -e que está formada por 10 asociacións e clústers do sector que representan 700 empresas, centros de coñecemento, a CEG, os sindicatos, así como as autoridades portuarias da Coruña, Ferrol e Vigo e empresas tractoras como Enagás, Iberdrola, Reganosa, Navantia, Repsol ou Ence- é maximizar as posibilidades de atracción de proxectos e impulsar e consolidar un novo tecido industrial, vinculado a este vector enerxético.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91