GALICIA
Os ‘influencers’ implícanse na difusión do ‘Sentidiño’
O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, amousou o 112 Galicia a persoeiros dos eidos da comunicación e a cultura
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) Galicia da Estrada acolleu esta semana un encontro con distintas personalidades do eido do entretemento e a comunicación. O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo acompañou os asistentes na xornada destinada á difusión do sentidiño na comunicación da prevención e a atención ás emerxencias.
Como sinal de identidade dos perfís de redes sociais do 112 Galicia, o cancelo #sentidiño leva anos acompañando os seus consellos de autoprotección, que abranguen gran parte dos aspectos da vida cotiá da cidadanía galega. Esta xornada configurouse con vistas a amplificar o alcance de dito material entre os diferentes sectores da poboación.
Os participantes pertencen a campos que chegan a públicos diversos, entre eles a xente máis nova, coa que moitas veces é máis complicado interactuar desde as institucións: o da comunicación sobre emerxencias, con Eloy TP, Silcerino e Alberto Sxenick, personalidades de Twitter cun importante alcance, ou o do entretemento, coa tiktoker María Foscaldo (Meryfos, tamén coñecida como A Repunante).
Entre os principais obxectivos da visita estivo a busca de puntos comúns na comunicación, sempre coa finalidade de explotar ao máximo o potencial das redes sociais como espazo de concienciación. De feito, os asistentes puideron conversar co vicepresidente segundo neste sentido e mostróuselles o traballo informativo levado a cabo na web, Twitter e Facebook do CIAE-112 Galicia.
A xornada incluíu un percorrido polas diferentes salas e departamentos do centro para coñecer máis en profundidade a xestión das chamadas de emerxencia e o bo uso do número único de atención ás emerxencias 1-1-2. Finalmente, tiveron a oportunidade de observar os diversos materiais e recursos de que dispón o Grupo de Apoio Loxístico e de Intervención (GALI) da AXEGA.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217