NIGRAN
Unha "caca" flotante para denunciar a contaminación do Marisma da Foz do Val Miñor
A Colectiva Eco-artística Riquiñas en Acción despregou a escultura para denunciar que un dos espazos naturais máis importantes da comarca “estase a converter nunha cloaca”
Hai anos que as mariscadoras non aparecen polo estuario da Foz do Miñor, un extenso areal que era famoso tempo atrás polas cadeluchas e berberechos que criaban alí. Os niveis de contaminación obrigaron ás autoridades a prohibir a extracción de moluscos para o consumo humano e, a día de hoxe o único que se pode extraer en determinadas áreas de este espazo natural é cebo. Esta situación provocou que, coincidindo coa celebración do 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente este 5 de xuño, a Colectiva Eco-artística Riquiñas en Acción (RAKA) despregara unha caca de grandes dimensións cerca da Ponte de Ramallosa, punto de encontro dos tres concellos do Val Miñor, para chamar a atención sobre o estado da Marisma da Foz. A caca leva colgada unha pancarta que afirma que “A marisma da Foz é unha cloaca.
As causas desta situación están vinculadas á contaminación das augas e afectan a os tres concellos do Val Miñor. Un dos focos confirmado pola Unión Europea, esta na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Gondomar, que recibe un caudal de augas fecais e pluviais que superan a capacidade da instalación e produce desbordamentos que acaban no río, na marisma e no mar.
En Baiona sobre todo no verán, chama a atención o regato que verte á marisma xusto enfronte dun supermercado que hai en Sabarís e o cheiro insoportable a augas fecais na zona de Santa Marta. Nigrán tampouco se libra con pequenos regatos que verten á marisma desde o paseo da Ramallosa e na zona da ponte. Esta situación empeora no verán cando a poboación do Val Miñor chega a triplicarse.
Dende a Colectiva RAKA explican que a caca está fabricada nun 99% con materiais biodegradables e foi deseñada por diferentes artistas que buscan a reflexión e complicidade da cidadanía a través destas accións. “Esta obra é unha chamada de atención aos nosos gobernantes, un xeito de facerlles ver as nosas preocupacións da man da arte. Compre que tomen partido e busquen unha solución conxunta e responsable. Existen diversos colectivos sociais e medioambientais que levan tempo denunciando o estado da marisma. Estamos a tempo de recuperala pero hai que facelo xa.” comenta unha das persoas que forman parte da Colectiva RAKA que piden a colaboración cidadá para a difusión da imaxe da obra nas redes sociais con #recuperaramarisma #raka_accion #diamundialdelmedioambiente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163