GALICIA
A Xunta destaca a importancia do turismo de congresos para desestacionalizar a oferta
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe no acto de inauguración do Foro MICE “Ourense desperta o MICE”
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe no acto de inauguración do Foro MICE “Ourense desperta o MICE”, onde Nava Castro indicou que turismo de congresos é un dos produtos verdadeiramente desestacionalizadores, dado que o turismo de reunións se realiza sempre fóra das vacacións
Nava Castro destacou que o aumento do número de turistas que visitan Galicia para asistir a reunións, congresos ou convencións está a crecer, en parte, grazas á mellora de infraestruturas como os centros de congresos, a capacidade hoteleira, a mellora das comunicacións, entre outras.
“Por iso, para potenciar a oferta turística galega, contamos con medidas, entre as que destacan a diversificación da oferta turística, coa promoción, por exemplo, do turismo de reunións, do turismo de congresos. Efectivamente, o turismo de congresos é especialmente importante para Galicia e dende a Xunta somos moi conscientes do enorme potencial que ten tamén a nosa comunidade para o turismo de negocios”, rematou a directora de Turismo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126