Miércoles, 25 de Noviembre de 2026

Actualizada Martes, 24 de Noviembre de 2026 a las 21:23:56 horas

Xornal21.es
Jueves, 08 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
IGUALDAD

A Xunta e Feafes colaboran na orientación e inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou as dependencias da Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental (Feafes) en Santiago de Compostela

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou a sede da Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galicia (Feafes), entidade coa que a Xunta de Galicia colabora na orientación e prospección -a través das oficinas de emprego e de programas laborais- a persoas con diagnóstico de saúde mental para mellorar as súas oportunidades e inserción no mercado de traballo.


Feafes está a atender preto de 1.000 persoas con problemas de saúde mental en toda Galicia grazas ao servizo de orientación a demandantes de emprego que Feafes dispensa desde o ano 2002 como centro colaborador do servizo galego de emprego. Neste recurso, atendido por 11 profesionais, deséñanse itinerarios laborais personalizados e dispénsase acompañamento, accións grupais, apoio á mobilidade laboral e formación en competencias e capacitación.


Tal e como destacou Lorenzana durante a visita, Feafes representa un colectivo cada día máis relevante e visible, que ten na súa inserción laboral unha das principais barreiras para a inclusión social.


A Federación é unha das cinco entidades beneficiarias do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) para a realización de programas integrados para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade de Galicia dentro das políticas activas de emprego previstas na comunidade autónoma no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 

Este convenio que remata o 30 de decembro de 2023 está dotado con máis de 5,5 millóns de euros para o período 2022-2023 (1,1M€ para Feafes) e pretende beneficiar máis de 1.300 persoas unha vez rematado.


A titular de Promoción do Emprego puxo en valor a reedición este ano do Plan Emprega Discapacidade-Exclusión Social que, con máis de 44 millóns de euros de orzamento, inclúe oito liñas de actuación para impulsar e fomentar a inclusión no mercado de traballo daqueles colectivos con maiores dificultades para o seu acceso.  Tamén a nova Lei de Igualdade de Galicia, cuxo proxecto se acaba de aprobar, dixo,  incorporou o concepto de sustentabilidade social empresarial, fundamental para que “as empresas incorporen equipos diversos en capacidades, en xéneros, en idades, que é a maneira de que sexan realmente produtivas e aproveiten todo o talento que existe na sociedade”, indicou.


A Xunta, a través de Feafes, tamén colabora na actualidade na prestación de apoios necesarios para que as persoas con enfermidade mental poidan traballar no mercado ordinario a través do programa autonómico de Emprego con Apoio. Na mesma liña estase a desenvolver en Galicia un programa de atención a mulleres con problemas de saúde mental en situación de vulnerabilidade.


A conselleira destacou o fiel compromiso que, ao igual que a Xunta, Feafes está a manter para mellorar a empregabilidade e a cualificación das persoas usuarias, con máis de  1.800 persoas atendidas pola entidade en 2022 así como e cerca de 700 que atoparon traballo ao abeiro dos seus programas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.105

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.