PONTEAREAS
Nava Castro anuncia que o Corpus Christi transformarase a partir do próximo ano nun referente de inclusión social
O Corpus de Ponteareas é un lugar no que todos e todas deberían ter cabida, con accesos adaptados a persoas con mobilidade reducida e no que todos e todas as veciñas poidan ser partícipes.
Esta mañá celebrouse na Praza Maior de Ponteareas a inauguración do adorno da costa de San Gregorio, realizado polos usuarios das asociacións Avelaíña e Adapta e coa colaboración da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.
A este acto, acudiron membros do equipo dos populares, onde se puxo en valor a necesidade de favorecer a inclusión e a participación de diferentes colectivos no Corpus Christi.
Nava Castro, asegura que “Ponteareas debe ser unha vila inclusiva e adaptada, na que todos e todas teñan cabida, principalmente na nosa gran festa “.
Na mesma liña, Raquel Plana, futura concelleira da corporación, xunto co concelleiro Andrés Sampedro, sinala que “actividades sociais e recreativas como realizar un tapiz floral favorecen significativamente ás persoas con problemas de saúde mental, como é o caso dos usuarios da Asociación Avelaíña”.
Dende as filas populares confírmase que dende o Concello, unha vez esteamos no goberno, traballarán incansablemente polo Corpus Christi e pola inclusión de todas e todos os veciños.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149