GALICIA
O DOG publica o incremento da achega da Xunta ao servizo de axuda no fogar
O Executivo autonómico adiantou un ano o compromiso de lexislatura fixado coa Federación Galega de Municipios e Provincias para axudar aos concellos na prestación destes servizo municipal
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a actualización da participación da Xunta no financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que se incrementa ata os 12 euros/hora para axudar aos concellos na prestación deste servizo municipal. Esta subida na achega autonómica ten efectos desde o pasado 1 de xaneiro, de tal maneira que se adianta un ano o compromiso de lexislatura fixado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
O Goberno galego destina este ano 112 millóns de euros ao SAF. Este reforzo económico permite poñer máis horas a disposición das entidades locais e aumentar a achega a esta prestación que depende dos concellos. Segundo o acordo chegado coa Fegamp no ano 2021, o Executivo autonómico incrementaría o financiamento deste servizo progresivamente durante a lexislatura para chegar aos 12 euros/hora no 2024, unha contía que a Xunta xa achega desde o pasado mes de xaneiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111