GALICIA
O encontro ‘Corazón da Artesanía’ celebrarase en agolada do 7 ao 9 de xullo
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta semana na presentación da programación desta cita de referencia impulsada pola Xunta de Galicia que ten lugar no conxunto histórico-artístico dos Pendellos
A Xunta de Galicia presentou esta mañá a programación do Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que celebrara a súa décima edición os días 7, 8 e 9 de xullo no recinto histórico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). No acto participaron o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e mais o alcalde de Agolada, Luis Calvo.
Manuel Heredia destacou durante o acto como nestes dez anos o Corazón da Artesanía se está a consolidar no evento de referencia na promoción dos oficios de Artesanía de Galicia, con especial atención aos máis tradicionais, e destacou que esta iniciativa foi recoñecida nos Premios Nacionais de Artesanía 2022, nos que resultou finalista do Premio Promociona para Entidades Públicas.
O Corazón da Artesanía é un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, o deseño ou a gastronomía. “A súa orixinalidade e posta en escena permítenlle consolidarse como motor da dinamización socioeconómica, da conservación e da transmisión da tradición, da difusión da cultura e da promoción turística de Galicia”, sinalou o director xeral.
En horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas e durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, o programa Artesanía no Prato que xunta gastronomía e artesanía, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.
Na edición deste ano está prevista a participación de máis de 50 profesionais de Artesanía de Galicia, 40 como expositores e outros 16 artesáns que participarán como docentes nos cursos de formación e talleres abertos, entre os que se atopan 10 obradoiros que están presentes por primeira vez neste evento.
Entre os oficios artesanais que estarán representados atópanse a xoiería e ourivería, a sombreirería, os instrumentos musicais, a olería, a cerámica, a elaboración de zocos, a marroquinería, o téxtil, a elaboración de redes, o traballo coa madeira e co papel, a forxa, a cestería, as tellas e mais os labores de palla. No programa de actividades inclúense cursos especializados que precisarán inscrición previa –e que estarán relacionados coa cestería, co tecido, co coiro, coa estampaxe e coa marquetería– e talleres abertos para todos os públicos relacionados con diferentes oficios como a cestería, a madeira, a cerámica, o tecido, o encaixe e a elaboración de figuras de miga de pan.
Entre o público previsto para esta décima edición inclúese a visita de tendas estranxeiras especializadas na decoración de interiores –entre as que se atopan unha de Londres e outra de Estocolmo– xornalistas especializados en tendencias e decoración, representantes de institucións vinculadas á artesanía, prescritores e tendas de diferentes puntos de España.
Como xa é habitual, o Corazón da Artesanía incorpora a iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto que botou a andar no 2013, co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño. A oferta gastronómica completarase coa participación de 30 expositores de produtos de alimentación gourmet, 4 food trucks e diferentes postos de alimentación que estarán á disposición dos visitantes nas proximidades dos Pendellos.
O programa do Corazón da Artesanía. X Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia complétase con espectáculos e concertos musicais que terán lugar na Praza do Concello durante os tres días do evento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111