GALICIA
A nova Lei de igualdade suporá unha oportunidade para atraer talento e a mellora da competitividade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou hoxe na apertura da xornada Igualdade, diversidade e violencia no traballo: actualidade e futuro, onde destacou que a normativa situará a Galicia á vangarda no eido laboral
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, sinalou hoxe na Coruña que a nova Lei de igualdade de Galicia suporá unha oportunidade para o crecemento da competitividade empresarial na comunidade e un motivo para a retención e atracción de talento. Na inauguración da xornada organizada pola Xunta Igualdade, diversidade e violencia no traballo: actualidade e futuro, a titular autonómica destacou que o novo texto legal promoverá unha contorna laboral inclusiva e segura e situará a Galicia á vangarda no eido laboral, promovendo espazos de traballo nos que non teñan cabida as discriminacións.
Para iso, Lorenzana indicou que a normativa regulará a sustentabilidade social empresarial, poñendo no centro o benestar laboral das persoas traballadoras e fomentando unha nova cultura empresarial baseada en criterios ambientais, sociais e de gobernanza.
Para a conselleira, o reto é que a nova Lei favoreza a igualdade de oportunidades entre as persoas traballadoras e a creación de equipos diversos, impulsando medidas encamiñadas a unha conciliación corresponsable, o teletraballo, o dereito á desconexión dixital ou a flexibilidade horaria. “Queremos con esta normativa chegar a todo o tecido produtivo, non poden ser prácticas exclusivas das grandes corporacións ou daquelas que teñen departamentos e persoal específico para a súa aplicación”, apuntou.
Na xornada, que se celebra hoxe, diferentes expertos están a avaliar o estado actual e as previsións de futuro da igualdade, a diversidade e a violencia no traballo para que Galicia sexa capaz de adiantarse aos cambios no mercado de traballo e para que as novas relacións laborais non dean lugar a novas situacións de discriminación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102