GALICIA
A Xunta colabora na retirada de máis de 1.000 cangrexos americanos para controlar esta especie invasora
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta semana o encoro de Cecebre, na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
A Xunta de Galicia colabora na retirada de máis de 1.000 cangrexos americanos no marco dos traballos que se están levando a cabo desde o ano 2022 para controlar o impacto que provoca esta especie exótica invasora sobre a biodiversidade autóctona, tal e como explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou ao encoro de Cecebre, situado na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Logo de subliñar que o cangrexo americano (Procambarus clarkii) é unha das especies exóticas invasoras “máis perigosas” que se detectaron na Comunidade, Ángeles Vázquez incidiu na importancia de levar a cabo actuacións de control para coñecer a bioloxía desta especie, a súa distribución no encoro e determinar as áreas nas que realizar os descartes que están programados para os meses de xullos e agosto.
Entre as actuacións que se están realizando para acadar este obxectivo, cómpre salientar a retirada de exemplares a través da instalación de nasas, que se colocan a última hora da tarde con cebo e son recollidas á mañá seguinte tras unhas 17 horas na auga. Estas nasas instálanse logo de realizar unha mostraxe para detectar as áreas con maior densidade de cangrexos americanos.
O obxectivo é comprobar se con esta actuación se poden diminuír localmente as densidades da especie invasora e se esta redución ten un efecto apreciable na mellora das condicións das zonas onde se realizaron tales como a recuperación das poboacións de macroinvertebrados acuáticos (libeliñas) e de anfibios, a rexeneración da flora nas beiras do humidal e a atenuación dos efectos erosivos nas ribeiras.
A maiores, estase a traballar no deseño dunha estratexia de control para os vindeiros anos. De feito, xeorreferenciáronse aquelas zonas máis proclives a albergar poboacións de anfibios para realizar unha mellor selección das futuras zonas de traballo. E, ademais, está previsto analizar máis en profundidade o impacto da construción de galerías nas marxes do encoro xa que se teñen detectado zonas especialmente inestables pola súa presencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169