REDONDELA
O Concello de Redondela condena os actos vandálicos producidos contra AER e PSdeG
Na madrugada de onte comezaron a aparecer carteis, nas parroquias e no centro da Vila, nos que se pode ler “Se vende” - entre outras mensaxes pexorativas- xunto as imaxes das caras máis visibles do PSdeG Redondela e da Agrupación de Electores de Redondela. Uns carteis distribuídos de madrugada que dende o Concello de Redondela condenan como “actos vandálicos”.
A alcaldesa en funcións, Digna Rivas, quere deixar claro que desaproba “de forma absoluta e rotunda esta actuación e que non imos consentir este tipo de comportamento no municipio, polo que xa se tomaron as medidas oportunas”.
No Concello de Redondela existe unha ordenanza vixente que prohíbe a colocación de catelería fóra das zonas regladas e “xa se procedeu a facer a denuncia pertinente”, explica Rivas ao que engade que “tamén está en proceso a retirada da mesma para que desaparezan por completo das rúas”.
“Non se pode consentir a falta de respecto democrático que todo isto implica e solicito a todas as formacións políticas dar exemplo á cidadanía. O que sucedeu esta noite é un acto antidemocrático e como alcaldesa en funcións o rexeito e o condeno”, conclúe Digna Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235