Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 16 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PSOE apoiará ao BNG se ACIP non entra no goberno

Os socialistas móstranse enfadados polo espectáculo que PP e ACIP están ofrecendo na prensa e considera que de nada lle vale iso aos veciños e veciñas de Ponteareas. Para o PSOE a loita de egos entre Nava Castro e Juan Carlos González Carrera é unha clara demostración de que a dereita de Ponteareas está máis preocupada polas súas cotas de poder que polos veciños.

 

O Secretario Xeral do PSOE, Delfín Domínguez, apela á responsabilidade política e afirma non entender por que hai partidos e políticos que antepoñen os seus intereses aos intereses da veciñanza de Ponteareas.

 

O PSOE tamén lle reclama máis transparencia ao BNG para que deixe clara cales son as súas intencións. Coa situación actual, o PSOE ábrese, por responsabilidade, a votar a Cristina Fernández Davila como alcaldesa o vindeiro sábado sempre que ACIP garantice o seu voto. Con isto, os socialistas apostan por reeditar un goberno de coalición progresista BNG-PSOE-Ponteareas en Común. Así os socialistas matizan que un goberno de progreso é incompaatible coa presenza de ACIP neste.

 

Os socialistas afirman estar dispostos a seguir traballando polos veciños e veciñas de Ponteareas e a levar a cabo o seu programa de transformación e progreso. “Temos programa, temos propostas e estamos preparados para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ponteareas”, afirma o Secretario Xeral Delfín Domínguez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.