Viernes, 05 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 17 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Nidia Arévalo continúa na Alcaldía, tras quince anos de xestión local

Mos xa ten constituída a súa nova Corporación Municipal

Esta mañá celebrouse a sesión constitutiva do Pleno do Concello de Mos, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de Mos co seguinte orde do día: formación da mesa de idade, conformada polo concelleiro de maior idade, Camilo Grandal Pérez, e a de menor idade, Sara Samartín Rodríguez; toma de posesión dos Sres./as concelleiros/as electos e declaración de constitución da nova Corporación; elección de Nidia Arévalo como nova Alcaldesa, xuramento da Alcaldesa electa e toma de posesión, e exame do arqueo e documentación xustificativa, e do inventario de bens do Concello.

 

[Img #82600]

 

Polo tanto, a nova Corporación Municipal mosense quedou formada polos seguintes integrantes: Nidia María Arévalo Gómez (PP), Camilo Grandal Pérez (PP), María Felisa Rodríguez Carrera (PP), Leopoldo Costas Alonso (PP), Sara María Cebreiro Alonso (PP), Julia Loureiro Campo (PP), José Ramilo Hermida (PP), Evaristo Ucha Rodríguez (PP), Baldomero Lorenzo García (PP), Laura Méndez Senlle (PP), María Victoria Alonso Méndez (PSOE), Delfina Rodríguez Lorenzo (PSOE), Alejandro Figueroa Expósito (PSOE), Beatriz Vázquez Posada (PSOE), Gustavo Barcia Seijo (BNG), Sara Samartín Rodríguez (BNG), Alberto Barreiro Ricón (BNG).

 

[Img #82601]

 

No seu discurso a alcaldesa reelecta, Nidia Arévalo, que leva xa 15 anos de xestión á fronte da Alcaldía de Mos, agradeceu o labor de tódolos membros da anterior Corporación Municipal e do seu equipo de goberno, así como o apoio ós veciños e veciñas mosenses que depositaron a súa confianza nela o pasado 28 de maio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.