Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 17 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

Juan González: “asumimos este terceiro mandato coa mesma ilusión”

O rexedor socialista é o primeiro en abordar tres mandatos consecutivos na Historia democrática de Nigrán

“Asumimos este terceiro mandato coa mesma ilusión, ganas e forza que os dous anteriores pero coa diferencia de que agora sumamos máis experiencia”, con estas palabras o socialista Juan González asumíu esta mañá no Salón de Plenos o que será xa o seu terceiro mandato consecutivo en Nigrán, facendo así Historia no municipio. O rexedor, cunha maioría absoluta de 11 concelleiros fronte a 5 do PP e 1 do BNG, afronta o seu segundo goberno con ampla maoría absoluta (entrou na alcaldía no 2015 en minoría).

 

O rexedor foi investido de mans dos seus concelleiros Alfonso Vázquez e Sara Penedo, avó e neta respectivamente e que actuaron como presidente e vogal aos ser os concelleiros de maior e menor idade de toda a corporación. A elección se produxo tras postularse tamén o PP á alcaldía e obter os votos dos seus cinco ediles.

“Aos concelleiros que repiten e aos que non están temos que dicirlles que deben estar orgullosos do que fixemos porque conquerimos unha vez máis unha maioría aplastante e non é fácil contentar á maioría das persoas dun municipio, e o fixemos xa dúas veces. Ogallá sexamos capaces de repetilo unha cuarta vez”, sinalou ao temo que agradecía moi especialmente o labor do persoal municipal neste tempo e dos concelleiros que non repiten neste mandato e que estaban presentes entre o público. Asimesmo, González ofreceu a súa colaboración á oposición do PP liderada por María José Pino e do BNG por parte de Xavier Rodríguez, quen xa fora concelleiro en dous mandatos. “Ogallá que aportedes cousas boas para Nigrán porque é o que están agardando os veciños e veciñas, nos intentaremos mellorar e esperamos non defraudar a ninguén e que sigamos cos pes no chan, as portas abertas e mirándonos aos ollos”, finalizou. 

 

 

CORPORACIÓN MUNICIPAL

Juan A. González Pérez. Alcalde de Nigrán. PSOE

Rubén Rial Sánchez. PSOE

Diego García Moreira. PSOE

Sara Penedo Vázquez. PSOE

Estela Pérez Pérez. PSOE

Bibiana Peixoto Iglesias. PSOE

Roberto Garrido Pereira. PSOE

Cristina Dosil Valverde. PSOE

Patricia Diego Travieso. PSOE

Alfonso Vázquez Pérez. PSOE

María Esperanza Mayán Areal. PSOE

María José Pino. PP

M. del Rosario Valverde Díaz. PP

Alfonso Domínguez Pascual. PP

Vicente José Da Rocha Alonso. PP

José Ángel Casal Martínez. PP

Xavier Rodríguez Fernández. BNG

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.